The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O actor Rubén Ríos presentará o seu libro Arrieiros Somos no Ateneo o próximo venres día tre de febreiro

Carriola.Informa Ateneo.28.01.23 

venres 3 de febreiro, o actor Rubén Riós vai estar no Ateneo Santa Cecilia e contarà coa compañía da actriz de Marín, Maika Braña e a escritora Elena Gallego Abad. 

O motivo da súa visita ao Ateneo e para falarnos dun libro que escribiu durante a pandemia e está relacionado sobre todo co período de confinamento na súa aldea e no Concello de Riós (Ourense), cando se viu obrigado a coidar dos seus pais que xa teñen unha idade. 

Neses meses de peche obrigado espertou nel unha sensación que nunca antes sentira de esa maneira "o amor as raíces dos seus proxenitores" que unido a súa mente creativa deron lugar a un libro que titulou "Arrieiros Somos", que saíu do prelo o 22 de novembro de 2022. 

Rubén Riós en cada unha das súas paxinas trata de comunicarnos todo o que sentiu ao entrar nos fogares dos seus protagonistas tomando como referencia todos os valores que as xentes do noso rural nos inculcaron para ser o que somos hoxe. De estes valores e da súa experiencia e o que Rubén Riós nos quere comentar o venres dia 3 de febreiro as 20 horas no Ateneo Santa Cecilia e agarda que a sala do Ateneo se encha de xentes para entre todos compartir estes sentimentos. 

Actor e productor experimentado e moi premiado

Hai xente que non coñece ou non sabe quen é este actor que agora escribe un libro, pois realmente é un home de 42 anos actor, produtor, director, ideólogo e activista social. 

Como actor traballou en series como "Libro de familia" "Matalobos" "Piratas" "Urxencia Cero" e Auga Seca", no cine en títulos como "Pradolongo" e "Vilamor". 

No 2007 creou a produtora Claqueta Coqueta. Galardoado cos premios Mestre Mateo 2008 e 2010. 

En 2013 a raíz da curtametraxe Vida e o documental "Mais ca vida" crea un método pioneiro a nivel europeo que utiliza o cinema como ferramenta de inclusión social e laboral para colectivos vulnerables e polo que lle outorgaron o premio PrixCircom. 

O Ateneo Santa Cecilia ten o horari de 17,30 a 20,30 de martes a venres e de 11 a 13 os sábados.