Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Unha nova campaña promocional de Estrela de Marín repartirá 1.400 euros en vales compra entre os clientes do comercio local

Carriola.Yonathan Carreira Figueiras (*).01.02.23

Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, a partir de hoxe, día un de febreiro, a décimo quinta edición da Campaña Estrela.

 A dinámica da campaña é moi sinxela. Polas compras efectuadas, os clientes recibirán unha tarxeta que contará con tres recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos de outros tantos establecementos e cos seus datos persoais, deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo.

Yonathan Carreira

Nesta edición sortearanse 7 vales - compra por importe de 150 €, un cada mes, desde o mes de febreiro ata o mes de novembro deste ano, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 50€ en cada un.

Club de fidelización Comercio do Morrazo

Ademáis, aqueles clientes que resulten agraciados no sorteo, se forman parte do club de fidelización “Comercio do Morrazo, incrementarase o seu premio noutros 50€, que se ingresarán na súa tarxeta de fidelización.

 Nesta edición da campaña, participan máis de 130 establecementos de todos os sectores comerciais e de servizos da vila, que están identificados co cartel da campaña.

 Agradecemento

Desde o colectivo comercial queremos agradecer a colaboración de La Caixa, do Concello de Marín e da Xunta de Galicia para a realización desta campaña promocional que beneficiará ao comercil da localidade..

 (*)Yonathan Carreira Figueiras  é o Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín

 

roslev