Carriola.Informa C.R.Ría de Marín.06.02.23
Dpus ouros e dúas pratas para o “Ría de Marín” nas categorías cadete e xuvenil no campionato galego celebrado en Castrelo de Miño (Ourense) a onde o equipo marinense estivo composto por 18 remeiros
Este domingo celebrouse en Castrelo de Miño (Ourense) o Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico. O club marinense participou con 18 remeiros, dos que 7 conseguiron medalla. Acadaron o ouro na modalidade de dous sen timonel as xuvenís Saioa Iglesias e Pilar García e os cadetes Hugo González e Xairo Rivadulla. A prata foi para os cadetes Martín Vázquez e Manuel Caiño na modalidade doble scull, e para Xián Gutiérrez en skiff.
Esta era a primeira cita da tempada para os de Marín, antes do comezo da liga en marzo, e supón, sen dúbida, un gran pulo para o que está por vir. Pero antes do comezo da tempada de competicións, o próximo 19 de febreiro, 6 remeiros do clube que forman parte da selección galega participarán no campionato de España por autonomías. Esperemos que tamén consigan subir ao podio!