Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

AS REGATEIRAS

Seguimos, ante la proximidad de la celebrción del 8 de Marzo, extrayendo del libro de la señora Josefa Area "Falando con versos, el poema que le dedico a las "regateiras", mujeres de otros tiempos que pasaban la noche en vela para comprar el pescado que al otro día venderían en las plazas. Mañana culminaremos la serie con quizá la poesía más emotiva de las que figuran en el mencionado libro sobre las mujeres.

AS REGATEIRAS

Este venturoso porto

do noso Cantodarea

moito pan dou a gañar

aquí sempre tiña traballo

quen quería traballar.

Dos anos de guerra e fames

que atrás deixamos quedar

hoxe só queda añoranza

para quen queira lembrar

cos tempos e co progreso

todo tendeu a cambear.

Naquelas abertas lonxas

que a par do pobo estaban

os amores xuvenis

e as ansias de traballar

collidos das máns andaban.

 

Lémbrome das regateiras

que o peixe alí compraban

e ao chegar a mañanciña

xa o vendían na praza

en Marín e Pontevedra,

as que máis á man estaban,

en Lalín e Redondela

e no mesmo Pontesampaio

aquelas outras chegaban

levando parte da noite

e toda a santa mañana

por fora das súas casas.

Había algunhas daquelas

que a Santiago o mandaba

pois xa había industriais

que polo peixe esperaban

 

Aqueles peixes de Coiro

que tantísimo abundaban

as regateiras daquí

moi baratiño compraban

nin no tempo nin no esforzo

niso ninguen reparaba.

Coas vísceras sacadas

e as dúas follas abertas

nos tendáis e a secar

raias, cazóns e melgachos,

patarroxas e cazapas

ata ben secos quedar

 

Ninguén tiraba con nada

todo era aproveitado

había ansia de cobiza

había amor ao traballo.

Nas adegas das casiñas

varios quintales xuntaban

un quintal que son cen quilos

creo no estar trabucada.

 

No outubro e no novembro

chegaban importadores

que aquí viñan comprar

para Ourense e e para León

o para o mesmo Portugal.

Era comida do inverno

naqueles tempos pasados

cando os barquiños pesqueiros

tiñan que estar amarrados

e os temporais que había,

por desgracia a quen cadrou,

chegaron a ser soados

 

De todos esos xantares

hoxe ninguén sabe nada

so pedura o lirio seco

e a cazapa en caldeirada

descoñecidos quedaron

xorelos de medio laño

que no sal os conservaban.

Facíanse necesarios

pra aquelas todas naiciñas

que os fillos amamantaban

comida de bo sabor

comida que alimentaba.

Hoxe hay outros productos

moito m áis sofisticados

que si me poño sinceira

non atopei no diccionario

o que nos di esa palabra:

deixemos así a historia

x afeita e ben rematada.

 

roslev