Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG propón a creación dun servicio de canguraxe

Lucía Santos presenta una moción ao respecto para o seu debate no Pleno

Lucía Santos, Portavoz Municipal do BNG de Marín, presentou una moción para o seu debate no próximo Pleno Municipal expoñendo que “Ante a nova situación que estamos a vivir causada pola COVID-19, faise absolutamente necesario a adopción de medidas de conciliación dende os Servizos Sociais, que permitan compaxinar a vida laboral coa vida familiar, especialmente das mulleres, que son quen maiormente levan a responsabilidade do coidado das crianzas.”

Santos solicitou en Comisión Informativa de Benestar Social a realización do estudo pertinente para iniciar os trámites de cara a poñer en funcionamento o servizo municipal de atención ao coidado de menores de idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos, ademais de dotar o servizo dos recursos materiais e humanos necesarios. Por outra banda, Lucía Santos afirma que “este servizo debe contar cun número determinado de horas ao ano para cada familia, e o pago polo servizo deberá ser correspondente aos ingresos familiares.”

Servicio que xa existe noutros concellos

A Portavoz Municipal lembra que “son moitos os concellos galegos que xa contan con programas de conciliación, apoiados con subvencións da Xunta de Galiza e con fondos sociais europeos que permiten a posta en marcha destes servizos municipais e neste caso, axudaríase a solucionar os problemas de conciliación e a afrontar novas problemáticas xurdidas a raíz da COVID.

Asemade, Lucía Santos afirma que “este servizo resolvería a problemática de onde deixar a menores que, ainda que sexan negativos ante o virus, teñan as clases confinadas xa que moitos familiares que coidaban as crianzas poden ser persoas de risco, maiores de 65 anos, ou que viven noutros municipios, ou que eles/as mesmos/as poden estar confinados/as, polo que o contacto pode ser imposíbel.”

Finalmente, a portavoz do BNG entende que “debido á nova situación provocada pola covid-19, cómpre que as administracións traballen para a adopción das ferramentas precisas para unha conciliación familiar e laboral real.”

 

 

 

roslev