Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Comunidade de Montes de San Xulián cede por 30 anos a Juan XXIII o espacio do antiguo Centro de Recuperación de Fauna no Lago Castiñeiras

Carriola.C.M. S.Xulián.24.01.23

Despois de varios anos sen celebrar a asamblea por mor da Covid-19 e de que os aforos nos espazos pechados non permitían congregar a centos de veciños, este ano puido volver a celebrarse a asamblea anual no salón social da Casa Cultural da Comunidade de Montes.

Tras a aprobación da acta anterior e do informe das contas dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, levouse a debate a cesión a 30 anos á Fundación Juan XXIII, do espazo, propiedade da CCMM, onde se situaba o antigo Centro de Recuperación de Fauna. A comunidade colaborará cedendo os terreos para que a entidade social desenvolva o seu Proxecto Natura XXIII, un ambicioso proxecto, destinado á formación profesional adaptada e á xestión dun complexo medioambiental relacionado coa xardinaría, onde traballarán unicamente persoas con discapacidade. Esta vinculación entre ambas entidades, que supón un beneficio mutuo, foi apoiada por unanimidade polos comuneiros presentes.

Fondos Next Generation 

Outro dos temas importantes foi informar aos socios/as sobre os Fondos Next Generation que foron concedidos ao Concello de Marín para potenciar o turismo, e de que modo poderán repercutir no Lago de Castiñeiras para potenciar o interese ambiental e turístico deste enclave (recuperación illote do lago, espazo delimitado de aparcadoiro, rutas en bicicleta, palco para espectáculos, etc...). A xunta directiva destaca a boa sintonía co Concello, motivo para continuar colaborando en proxectos en beneficio dos veciños/as.

Informe de xestión

A continuación deuse conta do informe de xestión, informando da construción dun deposito de auga no Monte Pornedo, para a extinción en caso de incendio, ademais de todas as plantacións, desbroces e arranxos de pistas, acometidos pola CCMM. Completouse a súa xestión, dando subvencións a varias asociacións de veciños para acometer obras veciñais e outras para asociacións culturais da parroquia, que levan o nome de San Xulián por onde van. Tamén se informou do acordo de deslinde coa CCMM de Santa María do Campo, tendo así todo o monte de San Xulián os lindes aclarados.

 

Convocaroria de eleccións para o domingo 26 de febreiro

Finalizouse a asamblea, co anuncio de convocatoria de eleccións á Xunta Diretiva da CCMM, que terá lugar en reunión o domingo 26 de febreiro ás 18:00 horas en segunda convocatoria na Casa de Cultura.

A Xunta saínte, quere destacar o seu agradecemento a todos os comuneiros e comuneiras polo apoio recibido durante estes últimos catro anos, nos que se intentou crear unha comunidade sólida e eficiente, sempre mantendo valores de conservación e sostenibilidade do noso Monte, en beneficio de toda a parroquia de San Xulián e do municipio de Marín.

roslev