Carriola.Club de Remo de Marín.24.01.23
O Club de Remo Ría de Marín organiza, en colaboración co Concello de Marín e a Federación Galega de Remo, o campionato autonómico de remo de sala. Uns 500 remeiros e remeiras de toda Galicia competirán este domingo no pabellón da Raña entre as 10 da maña e as 15 h. A entrada será libre e están convidados a acercarse todos aqueles interesados no deporte.

Presentación do evento no concello
O acto de presentación do campionato contou coa presencia do presidente da Federación Galega de Remo, Jose Luis Méndez, o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides, o concelleiro de deportes, Antonio Traba, a alcaldesa, María Ramallo e os membros da directiva do club marinense, Jose Ramón García e Iria Dopazo.
O Clube de Remo Ría de Marín, que ven de conmemorar o seu 35 aniversario, desenvolve a súa actividade deportiva no porto, enfocada principalmente no remo olímpico.