Carriola.C.R. Ría de Marín.27.01.23
O pavillón da Raña foi o escenario, este domingo, do espectacular Campionato Autonómico de Remo Indoor 2023. Preto de 500 deportistas participaron nesta proba, que se fai en terra mediante unha máquina que simula a acción de remar. O evento estivo organizado polo club marinense CR Ría de Marín, pola Federación Galega de Remo e polo Concello de Marín. Grupos de todas as idades, dende alevíns ata veteranos, participaron no multitudinario campionato que se completou cun éxito notable en canto a organización, participación e resultados.

Panorámica gráfica da proba en A Raña
Os remeiros marinenses, cunha moi boa actuación en xeral, conseguiron medallas nas categorías alevín, cadete e veterano. Xa a primeira hora da mañá Breogán Gutiérrez se proclamou campión galego alevín. Máis tarde repitiría ouro na proba de relevos cos seus compañeiros de equipo en Gorka Rivadulla, Alejandro Estebanez e Rubén Sobral, obtendo ademáis o trofeo ao mellor conxunto alevín masculino. En canto aos cadetes, Xián Gutiérrez conseguiu o subcampeonato a nivel individual e o bronce en relevos xunto con Xairo Rivadulla, Hugo González e Manuel Caíño. En categoría veteranos Pilar Vázquez conseguiu o bronce.