Carriola.Estrela de Marín.01.03.23
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", o gañador foi Darío Campos Gestido, cliente que selou a súa tarxeta nos comercios Five Sport, Sofimar e Casual polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
Membro do gratuito club Comercio do Morrazo
Neste caso, Darío forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo querecibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores.
Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
A entrega do premio terá lugar o mércores día 1 de marzo ás 11:30h no comercio Five Sport, no transcurso do mesmo o gañador recibirá os 200€, en vales compra.
Quedan outros seis sorteos
Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo nunha campaña que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación