Carriola.Estrela de Marín.04.03.23
Desdea Concellería de Comercio e o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, poremos en marcha, os días 4, 5 e 6 de agosto, na Alameda, a cuarta edición da Feira de Oportunidades “Stock Marín” seguindo a positiva experiencia de ediciós anteriores e por eso nos diriximos aos comerciantes que podan estar interesados en participar este ano
Do catro ao seis de agosto, ambos inclusive, celebraremos unha nova edición do evento STOCK MARÍN, en horario de 11 a 14 e de 18 a 22h, na Alameda. Deste xeito, ao igual que se fixo nos tres últimos anos, a carpa pechada sustituirase por carpas individuais, que se instalarán ao longo de toda a Alameda e que disporán de modular de madeira de pino, rotulación do nome comercial, cadro eléctrico e focos led e, ao non dispor de carpa pechada, no horario de apertura reforzarase a seguridade e vixianza polo que non vos debedes preocupar por este aspecto.
Consideramos que esta fórmula comercial, nestos tempos de retraemento do consumo é a mellor maneira de que o comercio de proximidade lle poida dar saída aos stocks acumulados, e deste xeito xerar liquidez de xeito inmediato.
Os establecementos do Concello de Marín, terán preferencia á hora de solicitar a súa participación e o importe da utilización dos postoe serà o seguinte:
⮚ Jaimas de 3*3m: 90€.
⮚ Jaimas de 5*5m: 180€
Inscripcions e información
Cristina Acuña, concelleira de comercio e Catalina Conde, presidenta de Estrela de Marín, indican que “Para participar, só tendes que poñervos en contacto coa asociación, no teléfono 986891112, ou por whatsapp ao 690 86 89 28, ou a través do email info@estrelademarin.gal e que, O prazo para inscribirse no evento rematao día 31 deste mes de marzo para proceder á distribución dos espazos por sorteo que se efectuará no propio Concello.