Carriola.Redacción.12.03.23
Recibimos unha nota de prensa emitida polo presidente da asociación polo Museo do Mar de Marín, José Antonio Pérez Santiago, referida á polémica xurdida tras a decisión do goberno local de instalar no que ata agora se denomina “Praia do Cemiterio dos barcos” ubicada a rente a verxa da Escola Naval ue reproducimos a contiuación:
“A Asociación por un Museo do Mar para Marín, convoca o vindeiro venres 17 de marzo, unha asemblea aberta dirixida á toda a cidadanía co obxectivo de unir forzas en defensa do vello peirao, unha das últimas mostras restantes do que foi o rico patrimonio marítimo da nosa vila. Xa non quedan fábricas de conserva, nin asteleiros de ribeira, nin case embarcacións. Pouco a pouco Marín vai quedando sen a súa memoria mariñeira.
Sabemos que o Concello ten un proxecto para este espazo e nos queremos que se mellore, máis conservando a súa identidade. Trátase de unir forzas en defensa do que é noso, incluíndo ao Concello, e queremos que Marín, seguindo o exemplo doutras vilas mariñeiras, conte cun museo vivo, e isto pasa por conservar non só os obxectos senon tamén os espazos vinculados coa nosa cultura mariñeira.
A asemblea terá lugar na Bliblioteca de Marín o venres 17 ás 20h.00”.