Mañana es el 8M, día de homenaje y reconocimiento a la mujer y, en esta serie e poemas de nuestra poetisa del pueblo, la señora Josefa Area Moreira. que hemos ido publicando días atrás sonsacándolos de su libro “Falando con Versos” dejamos para hoy, deliberadamente el que nos parece todo un reconocimiento de verdad a las mujeres de otro tiempo que, sin nada, eran capaces de hacer castillos en su familia. La señora Josefa con sus ochenta y muchos años, tiene en su memoria grabadas a aquellas madres heroínas de su tiempo y aquí dejamos el texto de su poema;
NAICIÑAS DE TEMPOS PASADOS
Aquelas nais doutros tempos
que tantos fillos criaron
en adegas e casiñas
que pouco máis medirían
que vinte metros cadrados.
Esas sofridas mulleres
polo moito que loitaron
todas estarán no Ceo
pois ben que a Groria gañaron
Daquela en moitas casiñas
no había electricidade
alumeaban con velas
as horas da escuridade
e avisaban aos fillos
que polas rúas xogaban:
¡vinde para casa con día!
que esta noite non hai vela
nin cartos para comprala.
Foron así as nosas nais
ou as avoas daquela
que marcharon a outro mundo
coas mans moi gastadiñas
de tanto lavar na pedra.
Tiveron moitos valores
por ninguén recoñecidos
e aquí quero falar delas
co permiso dos seus fillos.
Podémonos preguntar
cómo naquela miseria
a tantos podían criar;
dúas camas e un berce
e a pedra da lareira
ese era o seu fogar.
Cando por idealismos
os homes presos estaban
houbo algunhas que daquela
que oito fillos presentaba
facendo de nai e pai
da numerosa aniñada.
Quero nombrar unhas cantas
que foron miñas veciñas
e moitos fillos criaron
dentro daquelas casiñas:
A siña Camila, “a Picha”,
dez entre nenas e nenos
todos robustos e fortes
altos igual que castelos
E Peregrina “A Casqueira”
que vivía alí moi preto
ela criou sete fillas
dous fillos e mais un neto.
Marina a de “Cú de Galo”
que tivo que criar a nove
e ainda vendía o peixiño
que lle pescaba o seu home
E Josefa “A Carrapita”
a oito ela criou
co traballo dos seus brazos
traballar non lle espantou.
Roxos, guapos e fortiños
bendición que Deus lle dou
e coas fillas xa grandiñas
que en algo xa a axudaban
ainda criou catro netos
que sen súa nai quedaran
Siña Pilara “A Perona”
dez fillos moi ben criados
coas roupas remendadas
moi ben limpos e aseados
E Siña Claudia “A Caxica”
criando unha chea deles
uns roxos, outros castaños,
dous ou tres no medio estaban
co cabelo alaranxado.
Poñerei que era unha ducia
con certeza aproximada
apóstoles parecían
se ao xantar xuntos estaban.
Inda está viva “A Groveira”
cando estes versos escribo,
anque tería algún máis,
ela criou once fillos
e coidou da súa nai,
moitos anos encamada,
hoxe as fillas coidan dela
igual limpa e aseada.
Viva está “a Chata” Lola
que foi das maís, non das menos
no mundo ela puxo doce
seis meniñas e seis nenos.
E Amalita “a Catrúa”
trece ben pudemos velos
algún chegaron a pares
por ter partos de xemelgos.
Toñita “A Callelán”
que Deus a teña la Gloria
por todos os seus traballos,
deixou nove e morreu moza
todos eles moi fermosos
agudos igual que allos
Siña Elisa “A do Pilán”
que sete ou oito criou
atendendo a súa taberna,
traballo non lle faltou
E María “a do Tiburcio”
oito ben pudo criar
sete homes e unha nena
ao seu pobo quixo dar.
E as naiciñas das Pedreiras
que ían coa cesta do peixe
andando ata Figueirido
e arrimados ao seu peito
ían os recén necidos
As que ían ás aldeas
fillos tiñan outros tantos
por fariña e por patacas
o seu peixe ían trocando
se daban touiciño e unto
¡bendito Deus e loado!.
Se carga levan pra arriba
cargadas viñan pra abaixo
con toda aquela fartura
para poder facer o caldo.
Outras máis nomearei
agora en liña seguida
todas elas ben criaron
de sete fillos pra arriba
A siña Esperanza “A Bruxa”
e Francisca “A Canarita”,
siña Manuela “a Curranda”
señora Antonia “a Chusquita”
e siña Rosa “a Perrincha”.
O que acabo de escribir
para os mozos de hoxe en día
e algo descoñecido
pois as naiciñas de agora
so teñen un par de fillos.
Que saiban que as avoas
que lembrei aquí ao meu modo
criaron a tantos fillos
sen apenas acomodo.
E só do Cantodarea
a cantas puden contar
disculpas pido ás familias
que quedan sen nomear