Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca o seu IX Concurso de Relato curto “Marín Conta” co gallo da celebración do Día das Letras Galegas

Carriola.Redacción.17.03.23

Dentro de dous meses xustamente celebraremos o Día das Letrs galegas, dedicado este ano a Francisco Fernándes del Riego. En Marín convócanse por este motivo alomenos dous concursos de caracter literario, un deles polo Concello que aìnda non ten presa en facelo, o o outro, polo Ateneo Santa Cecilia que sí fai pública a convocatoria para os escolares do entorno aos que vai dirixida. E reproducimos o texto de dita convocatoria recibida onte mesmo en Carriola de Marín:

 O Ateneo Santa Cecilia de Marín convoca o IX Concurso de Relato Curto “Marín Conta” Letras Galegas 2023, aberto á participación de escolares dos centros de ensino de Marín e atendendo á súa proximidade xeográfica tamén a Placeres.

  1. Poderán participar todos/as os/as alumnos/as que o desexen, cun único texto de creación

literaria en lingua galega cunha extensión máxima de 500 palabras. Os traballos deberán presentarse por triplicado, mecanografados e escritos empregando o tipo de letra ‘Times New Roman’ tamaño 12, a dobre espazo. No caso de escolares de Primaria, acéptanse traballos manuscritos.

No caso de tratarse da categoría de “Educación Especial” a extensión será entre 30 e 50

palabras.

  1. A temática e xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos baixo calquera formato, non premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.
  2. Os relatos presentaranse baixo “lema”, acompañados dunha “plica” en sobre pechado. Na mesma figurarán os datos persoais do autor ou autora: nome, idade, curso, teléfono, enderezo electrónico, centro de ensino e título do relato. No caso de menores de 14 anos, a plica deberá ser asinada por un dos pais ou titores, facendo constar que autorizan a participación do seu fillo ou filla neste concurso. No caso de resultar premiado/a, o Ateneo Santa Cecilia difundirá a autoría do texto nos medios de comunicación e redes sociais, así como a imaxe do seu autor/a. Rúa do Forno nº42 - Baixo – 36900 Marín (Pontevedra) Tlfn.: 698 171 276 / 986 880 283 ateneosmarin@hotmail.com
  3. Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, nº 42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com),e oprazo de recepción de obras remata ás 20:00 horas do XOVES, 4 de maio de 2023.
  4. O Xurado estará formado por tres persoas, cuxo fallo será inapelable, e poderá declarar

desertos os premios dunha ou máis categorías. O xoves 11 de maio daranse a coñecer os

traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso (Primaria, ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). O fallo e entrega de premios terá lugar o martes 16 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia.

  1. Establécense catro premios por cada categoría: Primaria A (1º, 2º e 3º), Primaria B (4º, 5º e 6º), ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). Todos/as os/as finalistas recibirán asemade, un diploma acreditativo da súa participación.
  2. Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación se así o estima oportuno.
  3. O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados a concurso.
  4. Os/As autores/as, polo feito de participar neste certame, aceptan as presentes bases e o fallo do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do Xurado. Se o Xurado así o considerase algún dos premios podería quedar deserto.

O incumprimento de calquera dos puntos das Bases descualificará de inmediato o traballo presentado.

 

roslev