Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG aposta abrir Marín ao mar

Carriola.Lucía Santos Omil (*).22.03.23

 o BNG está en contra do proxecto do PP de eliminar o cemiterio de barcos do vello peirao e cómpre ir máis alá desta reivindicación xa que, Marín, pobo mariñeiro, non pode continuar de costas ao mar, polo que cómpre ser máis ambiciosos e reivindicar a recuperación de máis espazos da nosa fachada costeira.

O pasado venres 17 de marzo tivo lugar a asamblea constituínte da Plataforma pola defensa do Patrimonio Histórico Marítimo, convocada polo Museo do Mar, Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, Grupo Cultural Ronsel, Ateneo Santa Cecilia e Asociación pola Defensa da Ría. A Plataforma xorde para tentar frear a proposta do goberno municipal do PP de eliminar o cemiterio de barcos do vello peirao para facer, no seu lugar, unha piscina de auga salgada no inicio do Paseo Alcalde Blanco.

Nesta asemblea, o BNG amosou o seu apoio á plataforma xa que comparte plenamente a reivindicación de conservar o cemiterio de barcos. Tal e como manifestmos o pasado mes de xaneiro o goberno municipal debería apostar por protexer e conservar este espazo, que forma parte da memoria do noso pobo e o último que Marín precisa é seguir destruíndo o patrimonio que aínda conservamos polo que propuxemos unha ubicación alternativa para a piscina, polo que podía levarse adiante este proxecto ao tempo que se conserva o cemiterio de barcos.

Pero consideramos que cómpre ir máis alá desta reivindicación pois Marín, pobo mariñeiro, non pode continuar de costas ao mar, polo que hai que ser máis ambiciosos e reivindicar a recuperación de máis espazos da nosa fachada costeira.

A práctica totalidade do casco urbano de Marín, dende o límite co Concello de Pontevedra no Cantodarea até a finalización dos terreos ocupados pola Escola Naval Militar no vial de praias, e que suman un total de 2,30 quilómetros, está pechado ao mar, con apenas dous pequenos accesos no Parque Azul e no Paseo Alcalde Blanco.

E tempo de que o pobo de Marín recupere o dereito a gozar de espazos públicos na nosa fachada costeira. O Porto de Marín e a Escola Naval Militar ocupan un espazo de aproximadamente 105 hectáreas, e o BNG considera que Marín precisa recuperar terreos, tal e como xa fixeron en cidades como Ferrol, Vigo ou Vilagarcía de Arousa.

O pobo de Marín foi moi xeneroso e no BNG consideramos que é o momento de ampliar notoriamente a liña de colaboración actual cos Ministerios de Defensa e Fomento, polo que apostamos por, mediante a negociación con estes Ministerios, gañar espazos para a veciñanza e así abrir Marín ao mar, que é unha demanda unánime do pobo de Marín.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz Municipal do BNG

 

roslev