Carriola.Ateneo S.Cecilia.27.03.23
Coa chegada da primavera celebrase "O dia da poesía" e no Ateneo Santa Cecilia nesta ocasión querémolo celebrar co Poeta do Mar, Xosé Iglesias que nos presenta a súa obra poética mais recente "Atlántico Norte, chamádeme Ismael". Un libro de poemas de fonda temática mariñeira para un home que leva toda a súa vida vencellada ao mar, patrón de costa, de pesca, capitán e armador, traballou nos mares de Escocia, Gran Sol e na costa galega entre outros. Considérase un activista en defensa da actividade pesqueira galega, fonte de riqueza para a nosa terra, un namorado do seu oficio ao que exalta na súa poesía cargada de sentimento.
Pero Xosé non solo expresa a súa paixón a través da poesía senón tamén do debuxo e a pintura, levando a cabo diferentes mostras e exposicións por toda Galicia e, nestes momentos, ten colgada parte do seu traballo no Ferrol onde se poden admirar desde os cetáceos, peixes ou crustáceos.
O venres dia 31 de marzo as 20:00 h. teremos a ocasión de escoitar un auténtico recital poético de ese mar Atlántico, ao que Marín e os marinenses tanto lle debemos. Lembrade o noso escudo "Nostra in mare Fortuna".