Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG aposta por unha política activa en materia de vivenda

Carriola.Lucía Santos Omil (*).28.03.23

A mesa de traballo do venres puxo de manifesto a parálise do goberno de María Ramallo durante estes doce anos de mandato do PP sendo urxente a necesidade de implementar medidas destinadas a dinamizar o sector da vivenda, ademais de facilitar a instalación de novas empresas para posibilitar a creación de emprego.

Acompañada de José Souto, membro da candidatura do BNG nas vindeiras eleccións municipais, asistimos este pasado venres á mesa de traballo sobre urbanismo e vivenda organizada polo Concello de Marín, unha xornada, na que asistiron profesionais do sector da construción, a promoción inmobiliaria, a administración de fincas, a xestión urbana ou a disciplina arquitectónica, que resultou moi interesante, xa que puidemos escoitar, da man das persoas intervinientes, unha análise da situación na que se atopa o noso concello nesta materia.”

O acto puxo de manifesto a parálise do goberno de María Ramallo durante estes doce anos de mandato do PP, no que non se puxeron en marcha as ferramentas necesarias para poder desenrolar o PXOM aprobado hai xa 11 anos.

Durante o goberno popular non se construiu vivenda nova e non se elaborou o Plan de protección dos cascos antigos de Marín, cuxa ausencia dificulta a rehabilitación de vivendas nos cascos vellos do centro de Marín e en Cantodarea. Amais, a falta deste plan impide poder concorrer a subvencións do Instituto Galego de Vivenda e Solo destinadas á recuperación de edificacións en núcleos históricos.

Por outra banda, para o goberno municipal resulta suficiente a actividade empresarial que ofrece o porto e non amosa o máis mínimo interese en traballar na dotación de espazos para o asentamento de novas empresas e así, contra o conformismo do PP, resulta de vital importancia poñer en marcha iniciativas que impulsen a dinamización económica, a creación de empresas e, por conseguinte de postos de traballo.

A falta de iniciativa política e dun proxecto de futuro para impulsar o desenvolvemento social e económico de Marín do PP ten como resultado o dramático retroceso demográfico que padece a nosa vila desde 2011.As dificultades existentes para atopar vivenda ou a caída da actividade empresarial no noso concello, consecuencia da parálise dun goberno sen ideas, son factores que axudan a entender a grave perda de poboación de Marín.

Por todo isto entendermos a urxente necesidade de reverter esta situación, implementando medidas destinadas a dinamizar o sector da vivenda, facilitando a construción de nova vivenda, incluída a promoción de vivenda pública, e a rehabilitación nos cascos vellos, a demais de facilitar a instalación de novas empresas para posibilitar a creación de emprego.

(*) Lucía Santos Omil, Portavoz Municipal do BNG

 

roslev