Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Asociación mulleres cristiás galegas Exeria

Carriola de Marín faise agora testigo da presencia de mulleres marinenses no movemento da “Plataforma Europea Voices of Faith” e transcribimos o texto dun comunicado que nos remite dito colectivo.

 Revolta das mulleres na Igrexa

No marco do 8 de Marzo, mulleres crentes de toda España, uníndose a plataforma europea Voices of Faith, concentráronse nas catedrais para reivindicar a igualdade dentro da Igrexa, donde as mulleres seguen a estar silenciadas, alonxadas dos órganos de decisión e moi pouco valoradas, sendo como son o soporte básico das tarefas mais fundamentais.

Alzaron a voz e dixeron: BASTA XA, faremos revolta ata conseguir que ninguna muller sexa excluída de ningún ámbito ou función eclesial polo feito de ser muller. Ata que moral sexual se preñe de tenrura e misericordia. Ata que a linguaxe dos textos sexa inclusiva.Ata chegar a ser a Igrexa na que homes e mulleres como” comunidade de iguais” traballen por un mundo de paz e xusticia para todos os pobos, tal como soñou Xesús.

A Asociación MULLERES CRISTIÁS GALEGAS EXERIA convocou as mulleres en dous puntos, na Porta Santa da Catedral de Santiago  e na Praza da Peregrina ao pe da Igrexa en Pontevedra.

Vimos de lonxe, somos moitas e alzamos a voz para dicir ABONDA XA, ¨QUEREMOS UNHA IGREXA NOVA NA QUE A IGUALDADE SEXA COSTUME”

 

 

roslev