Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lucia Santos e Jessica Souto reúnense con veciños de Miñán

Informaron a os asistentes das súas xestións en pro da parroquia

Jessica Souto, responsable local do BNG, e Lucía Santos, concelleira de esta agrupación no Pleno do Concello celebrron unha xuntanza cos veciños do núcleo de Miñán acompañadas dun grupo de representantes da organización nacionalista

Xestións do BNG para Miñan

Segundo informa a propia Lucía Santos, “Nesta xuntanza deuse traslado á veciñanza das xestións realizadas polo BNG en relación a diferentes peticións de melloras de servizos no lugar, e que foron trasladadas polos veciños e veciñas nunha anterior xuntanza celebrada o pasado mes de xaneiro, informando da moción tratada no pasado pleno municipal do mes de febreiro, e aprobada por unanimidade, na que se solicitaba o arranxo do asfaltado do lugar e melloras da iluminación da zona”.

A moción á que se refire a portavoz do BNG, foi acompañada por máis de medio cento de sinaturas recollidas pola veciñanza do lugar, coas que solicitaban ademais, que se leven a cabo melloras de servizo de internet, xa que non dispoñen de fibra óptica e o servizo de internet é pésimo.

Lavadoiro das Preguntas

As comparecentes ante os veciños informaron tamén da solicitude do BNG, trasladada á Comisión de Medio Rural, solicitando a rehabilitación do Lavadoiro das Preguntas, “xa que se atopa nun estado lamentábel, sendo este un ben de interés etnográfico”- dixo Santos.

E por último, a Portavoz Municipal  trasladou “o compromiso do BNG de Marín de seguir traballando para acadar melloras no rural do noso concello e para un maior benestar e calidade de vida da veciñanza do rural.”

 

roslev