Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O proxecto “Legado de Escritura Creativa” impartirase en 9 sesións para recuperar a memoria familiar´.

Carriola.Concello.27.04.23.

A escritora e xornalista marinense Elena Gallego Abad e a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentaron esta iniciativa, coa que utilizar as ferramentas da escrita para expoñer, de xeito literario, ese patrimonio inmaterial que nos acompaña a cada un e define a nosa historia.

Os obradoiros desenvolveranse ao longo dos meses de maio e xuño, con 15 prazas limitadas. Para inscribirse é preciso escribir un mail a biblioteca@concellodemarin.es

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, e a escritora presentaron a actividade esta mañá no Concello, despois do éxito colleitado polo primer obradoiro que se levou a cabo a pasada fin de semana co gaio da celebración do Día do Libro.

Nove sesións

Desta vez, o Proxecto Legado ten unha programación formativa máis intensa, con nove clases que se desenvolverán os días 6, 13, 20 e 24 de maio e os 3, 10, 17, 24, e28 de xuño. Tendo en conta que as sesións que coinciden en sábado serán de 11.00 a 13.00 horas, namentres que as dos mércores realizaranse de tarde, de 19.00 a 21.00 horas.

Un proxecto promovido pola Xunta

O proxecto está incluído no catálogo Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas deGalicia e promovido pola Xunta, e está dirixido a persoas interesadas en descubrir, preservar e divulgar a historia da súa familia, utilizando como ferramenta a escritura e a pulsión literaria. Haberá 15 prazas dispoñibles. Para inscribirse, será abondo con mandar un correo ao enderezo biblioteca@concellodemarin.es.“Este proxecto xurde nun momento no que a transmisión de pais a fillos está a perderse”, explica a súa promotora. “A aparición de novas tecnoloxías, das redes sociais e dun extenso universo audiovisual que substituíron ás canles tradicionais non propician a comunicación entre xeracións”. Precisamente, co obxectivo de evitalo, nas nove sesións do obradoiro, os e asParticipantes- engde - “descubrirán as chaves básicas da creación narrativa, de xeito que cada quen desenvolva as súas potencialidades e poida materializar un proxecto propio ao remate do obradoiro”.

A idea de sacar adiante este proxecto ten como inspiración a nova novela da escritora marinense, que sairá ao público moi pronto.

 

roslev