Carriola.A. Santa Cecilia.04.05.23
Dentro da programación do Ateneo Santa Cecilia para a celebración do día das Letras Galegas 2023, este venres día 5 de maio as 20.00 h, no local social contaremos coa profesora, tradutora, editora, critica literaria e doutora en filoloxía galega Malores Villanueva Gesteira que nos falará do homenaxeado este ano pola Real Academia Galega D. Francisco Fernández del Riego.
Malores Villanueva quen tratou a D.. Paco e con quen mantivo longas conversas publicou unha biografía de Fernández del Riego sesenta anos despois de que él mesmo propuxese a RAG. o 17 de maio como data para a festividade da cultura galega.
Francisco Fernández del Riego foi un nacionalista de corazón e de razón, que mantivo unha traxectoria de vida moi coherente e firme, militou no Partido Galeguista, formou parte do Seminario de Estudos Galegos, fundador da editorial Galaxia, codirector da revista Grial, Presidente da Real Academia Galega. Tradutor, editor e articulista incansable son algunhas das facetas de quen se definía como un "optimista radical" e " un loitador pola idea de Galicia".
E para coñecer mais amplamente a traxectoria do homenaxeado, Malores Villanueva manterá unha conversa e responderá as cuestións que prantexen todas aquelas persoas que se acheguen ao local do Ateneo mañá venres.
Esperámosvos a todos e todas.