Carriola.Redacción.05.05.23
A casa da Veiguiña, sede do BNG, foi escenario onte da presentación do programa electoral que o partido que lidera Lucía Santos levará ás eleccións do 28M. A propia Lucía, xunto con dous membros da candatura foron desgranando no acto de presentación as distintas liñas de actuación que o Bloque seguirá si conseguira o Goberno nestes comicios.
Lucía Santos inicia a presentación manifestando:“Que Marín é unha vila desorientada, en declive, átona, invadida polo desconcerto respecto ao futuro e un pesimismo crecente día a día é, por desgraza, un diagnóstico certo da situación na que nos atopamos. Só os que nos “gobernan” desde 2011, empéñanse en negar publicamente e de xeito continuo a situación na que estamos inmersos, con manobras de adormecemento da consciencia colectiva do noso pobo. De postureo sabemos ben en Marín, pois hai quen pasa o ano “marineando” en lugar de gobernar”.
Consecuencias negativas
A candidata lacionalista enumera as consecuencias do que considera un mal goberno: “Saltan á vista, perda continua de poboación (de case 26.000 habitantes en 2011 pasamos a 24.000 en 2022); decrecemento da actividade económica e comercial (infinidade de baixos comerciais pechados); perda de servizos bancarios; actuacións inconexas e descoordinadas; nula conexión coa realidade, falla total de perspectivas claras de futuro en diversos ámbitos e con especial enfoque no presente e futuro da nosa mocidade, sen ambición na procura de colaboración da administración xeral do Estado que beneficien a calidade de vida da nosa xente, nulo desenrolo do PXOM,”
Coas ideas claras
Contra esta sensación que Santos Omil ten con respecto á situación actual no concello, asegura que “O BNG preséntase a estas eleccións municipais cunhas ideas claras de como debe ser o noso Concello, como debe ser o Marín dos vindeiros anos. Non podemos refuxiarmos na nostalxia do pasado e temos que encarar a realidade cunha alternativa de goberno intelixente, transparente, eficaz, dinámica, ilusionante e modernizadorae, para iso, debemos entender a realidade da que partimos para construir un proxecto ambicioso e ilusionante para toda a veciñanza, coa finalidade de construir un novo Marín. Un Marín dinámico, vivo e con futuro no que todos e todas teñamos cabida. A xente de Marín precisa recuperar a autoestima e a confianza de seu. Marín é un Concello cun gran potencial capaz de reverter a situación actual e encarar un novo futuro con optimismo; Como? implicando a nosa mocidade, aos nosos maiores, ás mulleres, as persoas con distintas capacidades. En definitiva, a todos e todas porque cada un de vos sodes parte do noso proxecto, do Marín que merecemos.”
O que os marinenses merecen
Calidade de vida, dinamismo, conservqción do Patrimonio, Apertura ao mar, Aposdta pola mocidade son as cousas que os marinenses merecen e que o BNG està disposto a abordar e para elo.apuntan as liñas de actuación:
“* “Desenvolveremos un modelo de concello para as persoas, cuns espazos públicos amables e cómodos, cuns servizos públicos de calidade e cunha importante oferta de lecer e actividades que permitan o maior benestar da veciñanza e a satisfacción das súas necesidades.
* Impulsaremos e dinamizaremos a economía local e a creación de emprego con propostas destinadas a favorecer a actividade das empresas e unha aposta decidida polo comercio local, así como fomentará a actividade social e cultural para facer de Marín un concello vivo.
* Potenciaremos a posta en valor do noso patrimonio natural e cultural, símbolo da nosa identidade e creador de oportunidades. O BNG aproveitará o noso rico patrimonio para promover un turismo sustentable e de calidade ao longo de todo o ano.
*Impulsaremos propostas dirixidas a abrir Marín ao mar, mediante a negociación e a colaboración co Ministerio de Defensa e a Autoridade Portuaria. Marín non pode vivir de costas ao mar, polo que conectar o centro urbano co litoral será un obxectivo preferente.
*Situaremos á mocidade como colectivo prioritario da súa política, pois a nosa xuventude é o presente e o futuro do noso concello. Promover medidas para que a mocidade poida vivir en Marín será un dos piares fundamentais do BNG.”

Mambos da candidatura presentes no acto
Un traballo intenso e unha participación veciñal necesaria
Na presentación do programa destacouse a composición da lista electoral “integrada por unha ampla equipa de persoas íntegras, leais e honestas, capaz de darlle un cambio de rumbo ao Concello e poñer en marcha políticas transformadoras para mellorar a vida das persoas do noso Marín que tanto queremos e levamos moitos meses traballando de forma activa neste proxecto con reunións e aportacións de veciños, con equipas de goberno doutros concellos e do grupo interno de traballo semanal do programa electoral”.
Máis adiante, Lucía Santos lembrou o proceso de preparación e presentación da canditaruea que se inicipu casi hai un ano e, posteriormente déronse a colecer os compoñlentes da lisa incluso con presencia de Ana Pontón e alcaldes de outros concellos gobernados polo BNG en Galicia e recoñeceu que este grupo e conscente de estar - dixo - “tratando de poñer a primeira pedra dun proxecto moi ambicioso e que levará moitos anos levar adiante tal e como nos queremos, pero temos que dar entre todas e todos un primeiro paso para o cal pedimos a confianza e o voto para a nosa oferrta”.
Terminou Lucía a súa presentaión inicial no acto manifestando “estamos traballando para conformar un proxecto ambicioso e ilusionante para Marín, coa finalidade de construir o Marín dinámico, vivo e con futuro que todos e todas as marinenses soñamos e temos como obxectivo a eficacia na xestión municipal, transparente e participativa, igualitaria e feminista, cun modelo sostible e capaz de xenerar dinamismo económico, tal e como vemos noutros Concellos gobernados polo BNG que defenden con coraxe os servizos públicos, os sinais de identidade e a capacidade de transformar en positivo”.
Unha longa relación de propostas
NO acto interviron Davinia Lojo e Tino Iglesias que foron desgranando a longa lista de propostas e xeitos de facer que presenta o BNG ao seu electorado e que iremos desgranandonos próximos días para colecemento dos seguidores de Carriola e Marín