Carriola.PSOE de Marín (R).11.05.23
O martes expuxemos o noso compromiso de defender a nosa cultura mariñeira e o noso pasado. Fronte aos que queren eliminar o que somos e a nosa tradición, nós imos defendela ata o final. E o faremos por respecto aos nosos mariñeiros, peixeiras, redeiros, armadores, patróns, mariscadoras, acarrexadoras…co compromiso é poñer en valor a dársena de embarcacións menores,recuperar a Festa do Mar e a Canción Mariñeira e impulsar un Museo do Mar á altura da importancia que tivo e ten o mar no noso pobo.
O martes celebrouse un debate sobre a situación da Cultura en Marín. Debate que servíu para evidenciar a enorme diferencia en materia cultural entre PSOE e PP.
Fronte a unha María Ramallo que pretende eliminar a dársena para embarcacións menores, que xa suprimiu a Festa do Mar e a Canción Mariñeira, que leva cinco anos sen ningún apoio ao Museo Do Mar… Manuel Pazos comprométese a defender e por en valor esa cultura mariñeira.
O candidato do PSOE puxo de manifesto a súa aposta por recuperar elementos da identidade mariñeira pola importancia que ten para un pobo como Marín que durante tantos anos tivo no mar e a pesca a súa fonte de sustento económico e o seu modo de vida.
“Se o PP non quere protexer a nosa cultura nin os nosos elementos de identidade, nin tampouco ofrecer unha programación cultural diversa e de calidade, nós o faremos”, afirma Manuel Pazos, que lle recrimina ao goberno local estos doce anos de ausencia de rumbo cultural para Marín.
O Concello de Marín adica á Cultura algo máis de un millón de euros anuais, pero que cando se desglosa ese importe se comproba que o 85% se corresponde a “Festas e Festexos”, e tan só un 15% para Biblioteca, Museo, Protección do Patrimonio e Fomento Cultural, o que en opinión de Manuel Pazos é unha descompensación evidente.
Por último agradeceu o traballo constante e incansable de todalas asociacións de Marín que traballan fomenando a cultura, xa que a inmensa maioría dos actos e a programación cultural é mérito deles.
(R) Nota íntegra remitida por el PSOE de Marín