Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O escritor Rafael Vilar gaña o “XVII Premio Narración Concello de Marín” coa obra “A ceifa clara”

Carriola.Redacción.11.05.23

O Concello de Marín acaba de comunicar o resultado do concurso literario “XVII Premio Narración Curta” que, co gallo do Día das Letras Galegas convoca cada ano alternativamente co de poesía resultando gañador do mesmo, o escritor de Cee, Rafa Vilar

Rafa Vilar

“A Ceifa Clara” é a obra premiada na decimo séptima edición do premio literario convocado polo concello de Marín polo Día das Letras Galegas e dotado con mil euros . Nesta ocasión o xurado calificador decantouse pola obra do escritor de Cee, Rafa Vilar, un dos autores de maior incidencia no mundo literario galego actual, non en van conta con numerosas obras publicadas e, moitas delas, premiadas en distintos certámens convocados ao longo e o ancho da xeografía galega.

Rafa Vilar é Licenciado en Filoloxía Galego.Portuguesa po la universidade de Santiago de Compostela e a súa brilante carreira como escritor empezou a ser coñecida no ano 1992 cando gñou o seu primerio premio  “Fermín Bouza Brey” para xóvenes autores coa obra “Liques da Memoria”.

O premio marinense ven a engordar o seu importanate curriculo de méritos literariosw así como o propio do certamen local ao contar entre os seus galadores ao longo de tantos anos con un autor de tanto prestixio literario.

Escolares premiados

Por oura banda e de xeito paralelo, tamén se fixeron públicos os nomes dos escolares gañadores do concurso no que partiiparon nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria. Gabriel Medina foi o gañador do primerios premio coa obra “A Guerra Binaria”; Aitor Cisneros, o segundo con “María no Mundo agochado” e Kenia Río, o terceiro por “O árbol de Sara”.

O Concello fará entrega de todos os premios no acto que terá lugar no Museo Torres  o próximo día 17, festividade das Letras Galegas, ás 12 do mediodía.

 

roslev