Carriola.María Ramallo.12.05.23
Queremos seguir na senda destes últimos anos, adecuando os edificios para que estean mellor illados, con medidas de eficiencia enerxética que fan que a comunidade educativa, tanto mestres como alumnado, poidan estar máis confortables nas escolas e nos institutos
As xeracións máis novas son o presente e o futuro e por iso é preciso apostar por unha educación pública de calidade, con infraestruturas á altura do modelo educativo que se corresponde co século XXI. e a mellora dos centros educativos da vila será un dos eixos principais da nosa actuación nos próximos catro anos.
Xa levamos varios anos levando a cabo melloras importantes, con reformas prácticamente integrais, en moitos centros de Marín e queremos seguir nesa senda, adecuando os edificios para que estean mellor illados, con medidas de eficiencia enerxética que fan que a comunidade educativa, tanto mestres como alumnado, poidan estar máis confortables nas escolas e nos institutos.
Algúns dos centros nos que se actuou neste sentido nos últimos anos foron o Carballal, o Sequelo, IES Illa de Tambo ou o Chan do Monte. Con este mesmo espírito, os populares marcamos dous centros como os que se beneficiarán deste tipo de axudas de cara ao próximo mandato: o CEIP da Laxe e o CEIP de Seixo.
Futura rede de camiños escolares e máis dixitalización
Ademais, Ramallo asegura que dentro dos proxectos que se inclúen na Axenda Urbana de Marín, un dos documentos estratéxicos que marcarán as liñas de progreso da vila nos próximos anos, levarase adiante a creación dunha rede de camiños escolares seguros, para fomentar a mobilidade sostible entre os máis pequenos, sempre coa garantía de que os seus desprazamentos son seguros.Ademais, nesa procura dunha mobilidade máis sostible e no fomento de hábitos saudables entre o alumnado, tamén se instalaron aparcabicis en todos os centros, co obxectivos de que esta forma de traslado sexa tamén unha alternativa.
Por outro lado, nos últimos tempos intensificouse a mellora dos centros educativos en materia de dixitalización e desenvolvemento de novas aptitudes entre o alumnado. Boa conta disto dan os Polos Creativos dos que gozan varios centros da vila, nos que os pequenos e pequenas poden interactuar con disciplinas audiovisuais e comunicacionais, de tecnoloxía e de robótica.