Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“50 Anos Argallando” título do Proxecto Didáctico Integral do CEIP Plurilingüe Carballal

Carriola.Redacción.12.05.23 

Hai medio século que se completou a transformación escolar de Marín que, ata entonces contaba con escolas unitarias esparcidas polo municipio da man de mestres inolvidables que, xunto cos do  vello Grupo Escolar, educaron a un pobo nos intres da fame. Nos tempos do alcalde Alfonso Martin Suárez, que aí está para contalo,  construíronse os colexios que hoxe temos, un deles o de “Viñas Brancas” ou “Carballal” que este ano celebra por todo o alto ese 50 aniversario; toda unha historia. Desde o propio centro chéganos este artigo ao respecto, unha invitación á participación dos que alí viviron parte da súa vida que transcribimos:
"Este curso no CEIP Plurilingüe do Carballal cumplimos 50 anos, polo que
o título do PDI (proxecto didáctico integral) deste curso non podía
ser outro que "50 Anos Argallando".

Por este fermoso motivo, gustaríanos facer un chamamento a todos/as
os/as antigos/as alumnos/as, mestres/as, traballadores/as que formaron e
forman parte desta comunidade educativa para que nos fagan chegar
fotografías, videos (en calquer formato: beta, super 8, vhs, etc) do
seu paso polo centro dende os anos 70 ata hoxe.

Para facernos chegar esta tan valiosa información, poden facelo na
secretaría do cole, mandalo a través de familiares,  amigos/as,
veciños/as, alumnos/as... mediante a web do cole, correo
electrónico... poñéndose en contacto no tlfno  886 15 13 57. Podedes
enviar o material ata o martes 16 de maio.Todo o material achegado 

será escaneado e/ou copiado e devolto ós/as seus /súas propietarios/as 

A presentación do proxecto por parte do alumnado se relaizará o día 2 de xuño a partires das 17.00 hora,, día que ademáis, faremos unha festa- romería chea de lembranzas, anécdotas, música e homenaxes”.

Pois aqui queda a invitación do veterano centro á participación nesta efemérides que ven sendo medio século de historia escolar deste pobo.

roslev