Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Que o PP non distorsione e que investigue os contratos irregulares na Festa Corsaria

Carriola.Lucía Santos Omil.23.08.23

julio@carriola.es

Contamos con nomes e apelidos de varias das persoas que realizaron traballos sen contrato durante o evento” e pídelle ao PP que investigue o caso e que actúe con rigor e deixe de distorsionar  

Lucía Santos Omil

En resposta ás sorprendentes declaracións efectuadas polo goberno local do PP, como portavoz municipal do BNG de Marín, insisto en que durante a celebración da Festa Corsaria, a empresa contratada polo Concello de Marín para a súa organización e supervisión cometeu irregularidades, tendo ao seu cargo traballadoras/es sen ningún tipo de contrato e pídolle ao goberno municipal que o investigue.Temos probas firmes, xa que contamos con nomes e apelidos de varias das persoas que realizaron traballos sen contrato durante o evento, quen se puxeron en contacto co BNG para trasladar a situación irregular na que desempeñaron diferentes tipos de traballos, amais, dende que se fixo pública a noticia estamos recibindo información de que esta práctica é habitual pola empresa subcontratada que acostuma a organizar eventos de todo tipo para o Concello durante os últimos anos, polo que non estamos ante un feito aillado.”

Que o goberno deixe de distorsionar e confundir a realidade

O que lle pido ao PP é que actúe con rigor e deixe de distorsionar e que non empreguen ás asociacións para tratar de desviar a atención, xa que o BNG en ningún momento se referiu ás mesmas e tampouco, en ningún momento valoramos o resultado da Festa Corsaria pero, que estamos cuestionamos, é a contratación irregular de traballadores/as e o papel exercido por un membro da organización de Novas Xeracións-PP buscando persoal para traballar na festa sen ningún tipo de contrato nin cobertura de Seguridade Social.

Que o grupo de goberno que non xogue a confundir e nos aclaren cal foi a empresa encargada da contratación do persoal, quen é a persoa responsable e como se realizaron os pagos e se hai xustificantes. Porque para poder presumir de traballo transparente, hai que demostralo.

De quén sería a responsabilidade dalgún accidente?

Por outra banda, que sucedería se ocurrise algún accidente no que estivera implicada unha persoa traballando na festa e sen ningún tipo de contrato?” Que a señora alcaldesa se centre no tema que denunciamos e nos aclare isto. O resto é intentar ocultar información, ou o que é o mesmo, actuar con falta de transparencia.

Na nota emitida polo goberno municipal xustifícase o gasto dun total de 8.849 euros mais até os 75.000 euros destinados á organización da festa, hai 66.151 euros que non sabemos como e onde foron gastados e temos que amosar  perplexidade ante a falta de respecto de María Ramallo cara a miña  polo que lle recomendamos que se preocupe máis en como organiza os eventos o seu grupo de goberno e non en como fai o seu traballo o BNG.

Fiscalizar ao goberno é a nosa labor

A labor da oposición é fiscalizar o traballo do grupo de goberno, por moito que lle moleste á sra. Ramallo, con educación e respecto, como ven caracterizando a actuación do BNG que continuarà traballando co mesmo bo talante que nos caracteriza  e, o único que mundou, é que o PP perdeu votos, e en consecuencia concelleiros/as, e o BNG aumentou considerablemente a representación, e o resultado é o estado de nerviosismo que ven manifestando o PP desde o comezo desta lexislatura.

Traballo constructivo e positivo

Aínda estando en temporada estival, desde a constitución da nova corporación o 17 de xuño, o BNG presentou numerosas propostas como a posta en valor da torre do reloxo, a revisión e actualización do inventario de bens e dereitos do noso concello, a petición dunha mellora da sanidade pública, seguridade viaria na estrada das praias, a mellora da accesibilidade nas liñas de autobús e nos colexios electorais, maior limpeza dos contedores, instalación de baños portátiles en eventos multitudinarios, instalación de sombras na zona de xogos de auga do paseo alcalde Blanco, petición dunha campaña de concienciación para reducir o consumo de auga en verán… Non se atopará na historia de Marín un grupo municipal con tanto traballo, construtivo e positivo, nos dous primeiros meses dunha lexislatura e en temporada estival.

(*) Lucía Santos Omil Portavoz municipal do BNG de Marín

 

roslev