Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Padroado de San Miguel convoca aos cofrades para que participen na festa do próximo un de outubro

Carriola.Redacción.20.09.23

julio@carriola.es

Lois Gonzalez Dopazo

O presidente do Ateneo Santa Cecilia e por ende do Padroado de Mareantes San Miguel fai unha convocatoria ao colectivo de cofrades para que participen activamente na festa de San Miguel que este ano terá lugar o domingo día un de outubro.

Lois González lembra que na víspera do día grande, e dicir, o sábado 30, actuará la alameda Rosalía de Castro unha danza branca, seguindo o costume iniciado hai uns anos, esta vez procedente de Vigo, concretamente a “Farsa de Santa Cristina de Lavadores” invitada nesta edición da festa marinense que ten carácter de Interés Turístico de Galicia por primeiro ano.

Programación do domingo

Un momento do acto no concello o ano pasado

Asimesmo, González indica os actos do domingo, día un, adicados a San Miguel co seguinte programa:

▪ 10:45 h. Recepción de autoridades, confrades e público no Salón de Plenos do Ilmo. Concello de Marín.

 ▪ 11:00: h. Acto de Entrega de Medallas e Distincións. Interpretación da musica da danza coa gaita dos Marañóns a cargo de José Iglesias do grupo “Pousos da Area”

▪ 12:15 h. Misa solemne de San Miguel Arcanxo no Templo Novo de Marín. Cantada polo Coro Thalassa

▪ 13:00 h. Procesión de San Miguel polas rúas Concepción Arenal, Jaime Janer, Almuíña, Praza de España, Echegaray e Praza do Reloxo. (Ao longo do percorrido realizaranse paradas para representar a ancestral Danza das Espadas, así como a Queima de Madamitas)

De interés para quen queira inscribirse como nov@ cofrade

Na mesma convocatoria, Lois González Dopazo angade Aproveito a ocasión para informarche que calquera persoa que desexe facerse confrade do Padroado e recibir a Medalla de San Miguel, pode poñerse en contacto coa secretaría do Ateneo Santa Cecilia para realizar a inscrición e o ingreso de VINTECINCO EUROS (25 €) antes do mércores 27 de setembro. Por outro lado, a aportación anual de oito euros (8 €), que se ingresa cada ano ó Padroado como confrade, pódese abonar na secretaría do Ateneo Santa Cecilia ou na conta de ABANCA IBAN ES50 2080 5430 28 3040154633. No concepto debe constar o nome e apelidos do/a confrade”.

 

roslev