Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rúa da Ponte. Petición personal de peonalización completa desta rúa e do centro de Marín

Carriola.Juan Martínez (*).14.03.24.

julio@carriola.es.

La reunión convocada por la alcaldesa por las futuras obras de la “Rúa da Ponte” a la que asistieron vecinos de la misma y otras muchas personas de diversas zonas de Marín levantó las pasiones y las ideas dispares de personas que aprovechan esta página para expresarlas. Ayere recibimos este comentrio de un vecino de la mencionada calle que reproducimos a continuación:

Desafortunadamente non puiden asistir a reunión sobre este tema. Pero quixera achegar un punto de vista respaldando completamente a idea da Alcaldesa de eliminar as prazas de aparcamento na rúa, e desde meu punto de vista tendendo a unha máxima peonalización e eliminación de trafico desta rúa, excepto carga e descarga e servizos. Os argumentos son os seguintes:

Primeiro unha anécdota que é ilustrativa dos apriorismos que todos temos neste tema da importancia do coche.

Na ultima ampliación das beirarrúas da Rúa da Ponte, fun parte do cambio. Tiña sobre 18 anos e gobernaba Antonio Santiago con Chano Guimeráns en servizos. Daquela, a reforma da Rúa da Ponte xa comezara e consistía unicamente en substituír as vellas losetas de pedra e colocar coa mesma medida o actual enlosado.

Coa obra empezada, falara con Chano e lle expuxera que o ancho da beirarúa era pequeno e que sería bo aumentalo. Perderíamos plazas de aparcamento (cambiar de batería a en linea), pero lle dixen que creía valía a pena. Hai 35 anos nin Lores chegara a alcaldía en Pontevedra cos premios internacionales a Vila. Chano moi amablemente e con visión, díxome que lle parecía boa idea, pero que xuntase firmas para cambiar o proxecto. Tentei conseguir firmas e resultoume complicado, ata en algún caso recibín duras criticas dalgún veciño e comerciante no senso que sen coches, os negocios non funcionarían....hai 35 anos. Cando lle levei as poucas firmas a Chano, contestoume, "moi ben, pero, xa está decidido, imos ir a ese aumento das beiraruas que propós".

Durante os casi 40 anos posteriores ningún comerciante ou veciño se lle ocorrería volver a situación anterior. Como a poucos veciños se lle ocorrería volver atrás na peonalización de Benito Corbal (algún haberá) ou en Marín a Rua Méndez Núñez entre O Xeitosa e o Concello (tamén aquí algún haberá).  

Se alguén me pregunta hoxe a miña opinión sobre a Rua da Ponte eu pediría unha peonalización total, coa colocación de bancos, parterres de flores e arbolado. Ou alo menos a peonalización mais extensiva posible, como mínimo como no primeiro tramo de Jaime Janer, ou Rua Mendez Núñez: toda a rua é beirarúa sen separación de alturas: 100% beirarúa. Se ten que pasar un autobús, a velocidade máxima é de 10km/h.

Para os comerciantes ou políticos locales que demagóxicamente se podan posicionar contra a suavísima peonalización desde o meu punto de vista que fai a Alcaldesa estes anos, e o dano que fan adoptando esta postura política para criticar a alcadesa neste tema específico, decirlles o seguinte:

O comercio local atravesa unha das maiores crisis da súa historia que se verá agravada nos próximos anos. As razóns son múltiples e este artigo non ten espazo para analizalas. Polo meu traballo profesional con empresas que operan no comercio en moitos países, vemos co futuro da venta polo miúdo está maioritariamente camiñando a internet.

O comercio de proximidade quédanlle moitas poucas armas. Pero hai algunha: entre elas as peonalizacións dos centros das cidades. O que se chama a "compra lúdica". É na compra "paseando", un dos poucos segmentos onde internet pola súa "impersonalización" non poderá competir. Comprar mentras paseas en vilas radicalmente amables, peoniles, provoca e invita os cidadáns a saír de casa, e combinar dous aspectos inalcanzables para internet: camiñar (aspecto saudable) combinado con pasear (aspecto lúdico). O mesmo tempo os negocios se retroalimentan. As loxísticas e "last mile" téñense que resolver de xeito alternativo.

Unha das poucas esperanzas que ten Marín de cambio real (si é que ten algunha) é unha peonalización extensiva do centro, combinado coa recuperación dos espectaculares espazos hoxe privativos para o desfrute cidadán. Ou iso, ou dubido que ningún coche veña salvar o comercio, por moitos parkings que fagamos.

(*) Juan Martínez. Es un veciño de Rúa da Ponte

 

roslev