Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Ceciolia arranca coa organización da 71 edición da festa dos maios e embarcacións que terà lugar o dìa 1 de maio

Carriola.AteneoS.C..06.04.24.

julio@carriola.es.

Achégase a celebración do LXXI Concurso de Maios e Embarcacións que organiza o Ateneo Santa Cecilia có incondicional apoio do Concello de Marín, este 1 de maio. Por este motivo comezamos cos preparativos e, na tarde do pasado xoves, convocouse unha xuntanza coa representación de cada un dos maios e embarcacións que ano tras ano participan no tradicional concurso do 1 de Maio.

Non haberá premio para o mellor barco

Puxéronse en común as bases do concurso, comentando o presidente que foi introducida unha modificación nas categorías dos premios. Suprimiuse o premio á construción de embarcacións dado que sempre son os mesmos barcos os asistentes, e  o importe do citado premio sirve para incrementar o premio por participación que pasa de 120 a 140€.

Prazo de inscripción

Para todos aqueles que desexen participar, lembrar que o prazo de inscripción remata o día 26 de abril ás 20:00 horas,quedando fora de concurso todos aqueles que non se teñan inscrito ata ese momento.

Reunións e charlas informativas

Desde o Ateneo ímonos reunir tamén coas ANPAS dos centros escolares, tanto públicos como concertados, para animalos a participar cos maios que fan nos centros escolares.

Finalmente lembrar que seguiremos realizando as charlas sobre a historia dos maios de Marín polos centros educativos, poloque os que o desexen poden contactar por email a ateneosantacecilia@gmail.com ou enviando un whatsapp ou mensaxe ao teléfono 698171276.

Bases do concurso

Seguindo coa tradición, con motivo do dia 1 do mes de maio, o Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín, organiza a LXXI edición do “CONCURSO DE MAIOS E EMBARCACIÓNS”, dirixido a tódolos centros escolares, asociacións e demais colectivos de Marín e bisbarra.

1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.

2.- As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.

3.- A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.

4.- Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que face-la súa inscrición antes das 20:00 horas do dia 26 de abril. Para elo, deberán cubri-la folla de inscrición que poden recoller na secretaria do Ateneo, situada na rúa do Forno, 42, baixo en horario de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas . Á dita inscrición deberanse xuntar 2 copias da letra coa que participen no concurso.

5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que valorará de 1 a 10 puntos a cada participante, en cada un dos apartados do concurso. Puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun/ha secretario/a do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recurrido.

6.- Os apartados do concurso serán para MAIOS: Letra – Construción - Coroa - Interpretación. Para EMBARCACIÓNS: Letra - Interpretación. En cada apartado haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.

7.- Tódolos grupos recibirán unha axuda polo feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para os seus compoñentes.

8.- A letra das coplas deberá ser en galego e de libre composición.

9.- Na interpretación, que será de catro estrofas e a última, usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.

10.- A relación e contía de premios farase pública nos medios de información local.

11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse as 12:30 horas na alameda

Rosalía de Castro, no entorno do palco da música, e as 17:00 na Praza do Reloxo.

12.- A participación no concurso obriga a aceptación de estas bases

roslev