Carriola.Redacción 06.04.24.
julio@carriola.es.
Entre os días 23 e 26 de abril a bisbarra morracense encherase de teatro escolar porque vaise celebrar a vixésima sexta edición de este evento que fai confluir aos centros de ensino da zona nunha actividade artística e educativa por excelencia.
O SEI San Narciso foi un dos centros pioneiros da actividade anual pero a súa participación quedou en suspenso debido aos cambios de titularidade que veu sufrindo ata chegar á actuial situación na que a normalidade e a superación son a base do gran progreso que a todos os nivéis tivo este centro nos últimos anos.
Este ano retoma a participación e, ademáis recae a rsponsabilidade da coordinación do envento no colexio marinense serán os centros participantes ademáis do SEI San Narciso, o IES Johan Carballeira, de Bueu; o IES As Barxas, de Moaña; o “María Soliño” de Camgas e o “Eduardo Pondal”, tamén da vila canguesa
Acto de presentación da Mostra
Onte nas instalacións do San Narciso levouse a cabo a presentacion do evento teatral coa presencia da dirección e os docnetes participantes e o alumnado que forma parte do elenco de actores. Héctor Silveiro, un dos responsables desta tarefa explicou a estrutura da Mostra: “Son xa vinte seis anos de experiencia que esperamos demostrar na presente edición na que unha vez máis centros de Cangas, Moaña, Bueu e Marín poñen en común unha experiencia dramática que inclúe un total de 6 representacións das aulas de teatros dos distintos centros, unha representación do grupo invitado “Teatro Aberto”, unha intervención de danza, unha charla coloquio tras unha obra e a posta en marcha dunha nova iniciativa, o vídeo podcats da Mostra”.
O Cartel posto a concurso

Silveiro ao referirse ao carel que anunicca a Mostra indicou “Para comezar convocamos no pasado mes de febreiro o Concurso de Cartel da Mostra aberto a calquera centro da comarca cuxo veredicto a cargo dun xurado independente formado polos profesionais relacionados co mundo da arte que, reunidos o día 26 de marzo 2024 decidiron otorgar o premio á alumna da ESO e cartel definitivo a: Judith Diéguez García (do IES Johan Carballeira). Tamén se estableceu un premio para alumnos de bacharelato que recaeu en Sara Curra Cordero (do IES Johan Carballeira) e houbo unha mención especial para Paco Ríos Sánchez (do CPR Plurilingüe Eduardo Pondal)”.
O xurado calificador estaba composto por Dona Rocío Gómez Juncal (Directora do Grao de Psicoloxía da Universidade Internacional da Rioja), Don Berto Fojo Ferrer (Ilustrador) e Don Alejandro López Mera (Doutorando en investigación e creación en arte contemporánea)
Programa de actuacións
Tamén no acto de presentacion informouse do programa de actuacións que se desenrolaràn enteo 23 e o 26 deste mes con este calendario
Martes 23 de abril. Comezará a Mostra cunha cerimonia de Inauguración onde se farán entrega dos premios do Concurso de Carteis e terá lugar ademais unha breve actuación do Ballet de Galicia, antre a presenza de autoridades locais e educativas.
Este mesmo día 23 de abril porase en escena a obra da aula do Colexio que coordina a Mostra, o centro Sei San Narciso. A obra As mulleres detrás de Picasso dramatización a partir da obra homónima de Eugenia Tenenbaum, coñecida historiadora da arte e comunicadora cultural, que precisamente foi invitada a asistir para realizar a seguir, despois da representación un coloquio cos actores e o público sobre o tema central da obra.
Mércores 24 Representarán os Comediantes anónimos do IES Johan Carballeira de Bueu a obra Plan de rescate, versión e dramaturxia de Fran Paredes a partir do relato literario de ANTÍA YÁÑEZ.
A segunda obra que se representa esta xornada é a do Grupo de teatro IES As Barxas (Moaña) titulada Crónicas de días enteiros e noites enteiras
Xoves 25
Haberá tamén dúas representacións do IES María Soliño, unha do grupo da ESO, o Obradoiro de teatro, e outra do grupo Soliños de ciclos. A primeira titulada Super David e compañía, de Miguel Sandín e a segunda Teatro para neófitos sobre un texto de Pedro Pablo Riobó.
Venres 26 Terá lugar a derradeira representación, a do Grupo de teatro do CPR Eduardo Pondal de Cangas que representaran a obra: A nova Eva.
A clausura que se desenvolverá este mesmo venres, incluirá unha representación que coma sempre corre a cargo dun grupo invitado que nesta ocasión é o grupo da comarca: Teatro Aberto coa obra: A trenza dos feitos amargos, a partir do libro “Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernárdez, autora tamén do texto dramático.

Comitè do SEI San Narciso, coordinador da Mostra
Un Video Podcats como novidade
Finalmente anunciose a novidade desta edición “Contamos como principal novidade á hora de difundir os contidos da Mostra a creación dun Video podcats específico que se irá colgando na rede en cada xornada narrando o acontecido con este singular formato entre radiofónico e visual a partir de cada unha das representacións, proposta que desenvolverá o alumnado de Tics coa súa profesora Andrea García Martínez e que está integrada nos proxectos de aula. Será unha fórmula nunca antes realizada para a posta en valor en redes dos contidos desta experiencia dramática que viviremos proximamente”.
Na ambición do comité coordinador esta poder cumprir cosn obxectivos marcados e coa expectativa que este tipo de iniciativas provocan como revulsivo creativo para o conxunto da Comunidade educativa do Morrazo.