Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia abre o próximo mércores a exposición da pintora Galia Blanco que será presentada por Antón Sobral

CarriolaAteneo S.C. 07.04.24.

julio@carriola.es.

O Ateneo Santa Cecilia comprácese en presentar a exposición pictórica "Utopías" de Galia Blanco. A inauguración da mostra terá lugar o mércores, 10 de abril ás 20:00 coa prsenza do artista marinense Antón Sobral que fará a presenación da mesma

O título da exposición, 'Utopías', fai referencia á necesidade da artista de  seguir crendo en Utopías tan básicas e  imprescindibles como a paz e a xustiza social. Nesta mostra "Utopías'", amosa os seus últimos traballos, que forman parte das series 'Eternas' e 'Harmonía', onde combina a abstracción serena de xogos de cores cos que busca ordenar o caos e a velocidade da vida contemporánea (Harmonía) coa forza e intelixencia da mulleres "Eternas", reais ou de ficción, que retrata.

A mostra poderase visitar ata o 27 de abril no noso horario habitual.

Galia Blanco

Compostelana afincada en Poio, comezou a expor as súas pinturas a finais dos anos 80, sendo aínda nena, e desde entón ten participado en numerosas mostras individuais e colectivas tanto a nivel nacional como internacional.

Xornalista e pintora, compaxinou a arte e a comunicación ao longo da súa vida. Traballou como xornalista cultural na sede de Galicia do diario El Mundo e tamén estivo ao cargo da comunicación en entidades culturais e producións audiovisuais.

Como pintora, destacan os seus 'Popsportraits' ou retratos pop, cos que iniciou a súa carreira e que segue a realizar por encargo, ou series como Agropop, na que representaba con cores vibrantes temáticas do rural galego desde unha perspectiva contemporánea.

roslev