Carriola.Lucía Santos Omil (*) 24.04.24.
julio@carriola.es.
A xuntanza terá lugar na Casa de Cultura ás 20:30h co asunto de amosar as iniciativas ademais de recoller propostas e necesidades da veciñanza.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) convoca unha asemblea veciñal en Seixo o vindeiro xoves 25 de abril. A xuntanza terá lugar na Casa de Cultura ás 20:30h co asunto non só amosar as iniciativas levadas a cabo polo BNG senón tamén co gallo de recoller propostas e necesidades da veciñanza.
A voceira municipal do BNG, Lucía Santos, convida á participación da xente e colectivos culturais, veciñais, deportivos, xa que é unha oportunidade para compartir ideas e contribuír ao desenvolvemento local.
“Cremos firmemente que a política do sí é a de non darlle as costas a xente polo que continuams coa nosa rolda de visitas polas parroquias do concello, unha iniciativa deseñada para fortalecer lazos e asegurar que todas as voces sexan escoitadas”
Non perdas a oportunidade de participar. A túa voz é esencial para nós!
(*) Lucía Santos Omil,Voceira municipal do BNG de Marín.