Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

BASES DO LXVIII CONCURSO DE MAIOS E EMBARCACIÓNS 2021

O Ateneo Santa Cecilia convoca coa colaboración do Concello de Marín a LXVIII (58º) edición do Concurso de Maios e Embarcacións  dirixido a tódolos centros escolares e Asociacións de Marín e a  bisbarra. 

Carriola. Redacción.

Como cada ano desde 1953, O Ateneo convoca este tradicional Concurso a celebrar o dia 1º de Maio. Nesta ocasión e pola situación actual de “pandemia” ,as restricións de mobilidade e xuntanza de persoas, introdúcense unha serie de modificacións co obxectivo de que esta festa se poida levar a cabo con todo o seu esplendor e solemnidade. Dándolle a oportunidade de participación a todos/as que o desexen desde os centros escolares e asociacións.

O Ateneo propón que os diversos grupos de participantes preparen os seus maios, embarcacións e coplas e leven a cabo a súa elaboración nos colexios e asociacións nos dias previos ao 1º de maio de 2021 para que todos os/as alumnos/as e participantes tomen parte, manteñan e desfruten de esta festa tradicional. A idea é que, tanto os maios como as embarcacións se trasladen a Alameda de Marín o propio dia 1º de maio antes das 12.00 h. para que toda a xente poida admirar os traballos realizados (Cada Maio e Barco inscrito terá un lugar asignado no que permanecerá ate o final do dia).

Ademáis, todos os grupos participantes que o desexen, poden realizar un maio (miniatura) que non exceda de un metro de altura, coroa incluída co obxecto de participar nunha exposición no Museo Municipal Manuel Torres, onde quedarían expostos durante 8 días.

 Bases do concurso

 1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.

2.- As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.

3.- A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.

4.- Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que face-la súa inscrición antes das 20:00 horas do dia 27 de abril. Para elo, deberán facelo no correo electrónico do Ateneo, ateneosantacecilia@gmail.com. Á dita inscrición deberanse axuntarse unha copia da letra coa que participen no concurso.

5.- A valoración dos grupos participantes, farase mediante un xurado, formado por dous representantes do Ateneo e un do Concello que valorarán de 1 a 10 puntos, a cada participante, en cada un dos apartados do concurso, puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun secretario do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recorrido.

6.- Os apartados do concurso serán

Para Maios;

  1. A) no seu conxunto (Maio e coroa) e
  2. B) Letra,

Para EMBARCACIÓNS: 

A.- Construción  

B.-  Letra.

(Pola situación de pandemia e medidas de seguridade eliminase o apartado de interpretación )

En cada apartado haberá

- Un primeiro premio de 120 Euros,

- Un segundo de 80 Euros e

- Un terceiro de 50 Euros,

 podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.

7.- Tódolos grupos recibirán unha axuda de 80 Euros polo feito de participar.

8.- A letra da coplas deberá ser en galego e de libre composición.

9.- Usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.

10.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que aceptar a visita do xurado o dia 30 de abril para a valorar os traballos, así como o compromiso de trasladar os traballos a Alameda Rosalia de Castro o dia 1º de maio entre as 12.00 h e as 20.00 da tarde.

11.- A participación no concurso obriga a aceptar as bases na súa totalidade.

 

 

roslev