Carriola.Redacción.16.05.24.
julio@carriola.es.
O Museo Torres acolleu onte eo solemne acto da exaltación das Letras Galegas coa participación de representacións dos centros educativos da localidade e a entrega do Premio Concello de Marín ao poeta gañador do certame convocado polo Concello na súa XXII edición
Un acto de “novo formato” con respecto a edicións anteriores xa que interviron nel membros do alumnado e do profesorado dos centros educativos locais que quixeron colaborar con intervencións poéticas que foron moi aplaudidas polo numeroso público que enchía o salón de actos do Museo Torres.
O acto iniciouse cunha presentación musical a cargo do cuarteto tradicional “Picuíña” sempre presente no mesmo desde hai moitos anos que tamén poñerían fin ao mesmo cun breve concerto de pezas rematando co Himno Galego.
Un poeta premiado e emocionado
Despois das intervencións dos representantes dos centros educativos, procedeuse, por parte da alcaldesa María Ramallo, a entrega ao gañador do certamen “Premio Poesía Concello de Marín” que este ano alternou co de relato curto como é habitual.
O poeta vigués, Francisco Javier Fernández Davila recolleu a dotación do premio cun valor de mil euros e dirixiuse ao público presente para explicar a súa traxectoria profesional e no ámbito das letras declarándose máis unido a Marín do que a priori podería parecer, porque aquí deixou algunha das súas obras civís como inxenieiro, e tamén tivo palabras de lembranza par ao seu pai, mariñeiro nos lonxanos mares, que en moitas ocasións chegaba meses despois de estar afastado da familia, co barco ao porto de Marín para facer a descarga do peixe capturado e foron moitos os momentos da chegada do seu pai que lle quedaron na memoria e na alma. O gañador do premio procedeu a ler algunhas obras propias e, de xeito singular, unha delas na que lembra as comunicacións co seu pai mediante os antigos sistemas de radio nos que había que dicir “...Cambio...” cada vez que conversaba de parte a parte. Nalgún momento Fernández Davila non pudo conter a emoción interrumpindo o seu discurso co que continuou tras os aplausos reparadores dos asistentes ao acto.

Intervención da alcaldesa María Ramallo
Finalmente interviu a alcaldesa María Ramallo pechando o acto ao facer una breve, concisa pero ilustrativa semblanza de Luisa Villalta, a escritora á que se adicaba este ano o Día das Letras Galegas e destacou a importancia de defender o noso idioma propio. Ramallo tivo para o poeta gañador, paalabras de felicitación, comprensión polos momentos de emotividad na súa intervención e tamén agradeceu a presencia e participación do cuarteto tradicional “Picuíña” pola súa pesencia desde hai tantos anos neste mesmo acto que finalizou, precisamente, coa interpretación do Himno Galego cantado por moitos dos asistentes.

Picuíña interpretou ao final do seu concerto o Himno Galego
OUTRAS INTERVENCIÓNS DURANTE O ACTO





