Dirixido a escolares dos centros de ensino locais ou xeográficamente próximos
Carriola.Redacción.15.04.21
O Ateneo Santa Cecilis ven de convocar un novo concurso literario co gallo da celebrción das Letras Galegas. Será a sétima edición e reproducimos a continuación íntegramente o texto das bases do certame.
- Poderán participar todos os/as alumnos/as que o desexen, cun único texto de
creación literaria en lingua galega cunha extensión máxima de 500 palabras. Os traballos deberán presentarse por triplicado, mecanografados e escritos empregando o tipo de letra ‘Times New Roman’, tamaño 12, a dobre espazo. No caso de escolares de Primaria, acéptanse traballos manuscritos.
No caso de tratarse da categoría de “Educación Especial” a extensión será de entre 30 e 50 palabras.
- A temática e xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos baixo calquera formato, non premiados en ningún outro certameanterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.
- Os relatos presentaranse baixo “lema”, acompañados dunha “plica” en sobrepechado. Na mesma figurarán os datos persoais do autor ou autora: nome, idade, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico, centro de ensino, categoría na que participa, e título do relato. No caso de menores de 14 anos, a plica deberá ser asinada por un dos pais ou titores, facendo constar que autorizan a participación do seu fillo ou filla neste concurso. No caso de resultar premiado, o Ateneo Santa Cecilia difundirá a autoría do texto nos medios de comunicación e redes sociais, así como a imaxe do seu autor/a.
- Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno nº42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico ateneosantacecilia@gmail.com) O prazo de recepción de obras remata ás 20:00 horas do xoves 6 de maio de 2021.
- O Xurado estará formado por tres persoas, cuxo fallo será inapelable, e poderá declarar desertos os premios dunha ou máis categorías. O xoves 13 de maio daranse a coñecer os traballos finalistas en cada unha das catro categorías do concurso (Primaria, ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). O fallo e entrega de premios terá lugar o martes 18 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, nº 42 – Baixo).
- Establécense catro premios por cada categoría (Primaria, ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). Todos os/as finalistas recibirán, asemade, un diploma acreditativo da súa participación.
- Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín, que se reserva o dereito da súa publicación se así o estima oportuno. A partir dos dous anos, o relato quedará a disposición do autor.
- O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados a concurso.
- Os/As autores/as, polo feito de participar neste Certame, aceptan as presentes Bases e o fallo do Xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do Xurado. O incumprimento de calquera dos puntos das Bases descualificará de inmediatoo traballo presentado.