Será ás oito e media da tarde.
Carriola.Redacción.20.04.21
Reproducimos un comunicado remitido aos medios de comunicación pola plataforma “SOS Sanidade Pública” que dí así:
“O próximo mércores 21 de abril están convocadas concentracións e todas as localidades e areas sanitarias de Galiza para demandar a recuperación do sistema sanitario público. En Marín esta concentración desenvolverase a partir das 20:30h na Alameda de Marín.
Con estas mobilizacións queremos reivindicar as seguintes cuestións que consideramos necesarias para mellorar a sanidade pública galega:
- Reactivar os centros de saúde e a atención médica presencial
- Un plan para afrontar as listas de agarda acumuladas
- Información transparente e acceso universal ás vacinas Covid
- Incrementar o persoal e rematar coa precariedade e a inestabilidade laboral
- Rexeitar a Lei Galega de Saúde que recorta as liberdade cívicas.