The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

GALERÍA DE IMÁGENES. Xa veñen os maios

Carriola.Julio Santos Pena.25.04.21

A estas alturas do mes, deberíamos andar enfrascados na preparación dos maios, ensaiando a interpretación, e preparando a “copla” para vender o día 1 polas rúas, prazas e parques de Marín. Maios e barcos foron a nosa identidade nesta antropolóxica festa cultural que o Ateneo Santa Cecilia, ou meior dito, a “Asocicación de Cultura y Arte, Santa Cecilia” que foi así como se fundou hai moitos anos, mantivo viva uns anos con máis e outros con menos  colaboración e participación de grupos veciñais, asociacións de veciños, rapaces “polo solto” ou centros escolares.

Os rapaces de alá polos anos cincuenta do século pasado, vibrabamos con esta festa. Ben certo é que, daquela, ningún de nós tiña teléfono móvil, nin tablet, nin maquiniñas do inferno desas que actualmente lle teñen comido o coco aos nenos e nenas e en cambio,  sabíamos perfectamente onde había que ir recoller fiuncho, espadaina, pampullos, maravillas, laranxas do po, rosas… e todo o que pudese adornar o noso maio aínda que houbera que "atravesar" algún muro e enfrentarse aos cans das fincas e incluso a algún amo delas que podía trabar máis que os cans, se te pillaba dentro.

Algunhas veces acordabamos facer un maio dous días antes e buscabamos a algún maior que nos fixera una copla que, coas prisas, nunca era de moita cobiza e, por riba, tampouco daba moito tempo a ensaiar o seu canto. E con respecto ao maio tiñabámonos que conformarnos con ir buscar catro canas e un par de aros de barril, e atalas dalgún xeito para formar o maio que sempre ía medio de lado, e non foi a primeira vez que se nos caera de lado no mesmísimo concurso.

Pero eramos rapaces felices, logo de pasar aqueles nervios diante do micrófono e oíndo as nosas propias voces por aqueles caldeiros de altofalantes que a reproducían nos que se podía ler escrito con letras grandes no seu interior a palabra “ZAS” que era a marca da casa que os poñía. E a esperar a que cantaran todos e  a ver se había sorte, sorte que casi sempre era pouca, entre outras cousas porque, daquela, estaban os Mestres Don Manuel Torres,Don Félix Davila, Don Víctor Corcoba e outros especialistas que facían o que os demáis non sabiamos. Eles levaban os premios, daquela 25 pesetas o primeiro, 15 o segundo e 10 o terceiro, pero, eso sí, había rosca da panadería Santos para todos e chocolates “Chaparro” que tiña como representante ao señor Viana, un perruqueiro da Rúa do Reloxo que tamén foi garda municipal . (Por certo, hai poucas semanas que me enterei de que en Ourense desapareceu definitivamente a marca dos “Chocolates Chaparro” e ata me dou moita nostalxia deles”).

O ano pasado quedamos sen festa dos maios como sen oturas moitas cousas por culpa do raio da pandemia esta que nos roubou parte da vida. Este ano case tamén o mesmo porque, ainda que o Ateneo fai un esforzo de convocatoria “sen gluten” non será o mesmo se non hai canto do maio, por moitos que se poñan de exposición na alameda. Eso sí, o Concello por medio da coordinadora do Museo Torres, Itciar Álvarez, prepara una exposición de minimaios da Bruxa, verdadeiras obras de arte de Cris Barreiro (a avoa Cris) que con eles faille una homenaxe multiplicada por máis de vinte, ao tradicional “Maio da Bruxa” que contará con letra e todo que, os que asistan a mostra, poderán levar una das coplas gratuitamente porque están financiadas polo Concello.

Non sei  os maios que atenderán á chamada do Ateneo pero sí que, aqueles que decidan facer un e expoñelo todo o día na alameda, xa poden ir empezando a preparalo. E si hai que axudar, vou reproducir a continuación parte do texto da niña colaboración con Clodio González Pérez no seu libro “Os Maios de Marín” onde recolle moito da nosa  tradición, historia e realidade. Simplemente explico alí, e agora aquí, os pasos que, por propia experiencia, considero máis axeitados para armar un maio que non se derrube polo camino.

GUÍA PARA A CONSTRUCCIÓN DUN MAIO

 A feitura dos maios iníciase co ensamblamento no cumio de catro paus de entre 1,50 e 2 metros de altura. Dáselle unha apertura axeitada na base e colócanse aros de barril de alomenos tres tamaños diferentes, de abaixo arriba. Unha vez fixados os aros colócanse dous paus transversais e paralelos na zona a uns 50 cm. do chan  que servirán para o transporte polos nenos, e outros dous paus  parelelos á mesma altura cruzados cos anteriores e máis curtos que servirán para que outros nenos eviten que o maio caia para os lados durante o transporte.

            Na ensamblaxe superior hay que ter en conta a colocación da coroa. Unha boa solución é facer un anel de ferro con catro buracos polos que se clavarán  ou atronillarán a cada uno dos paus, e soldarlle no centro firmemente un tubo longo  (20 cm), de calibre superior ao que terá o eixo central da coroa (de pau ou de ferro) para unha vez feita, se poda meter polo cumio do maio ou quitala si convén nalgún momento do día

            Feita esta primeira parte do armazón, colócanse non menos de tres canas finas por cada un dos catro costados do maio, que cheguen dende o cumio ata mais abaixo do último aro e átanse fortemente a cada un dos aros para conquerir unha base perfectamente cónica.

            Toca agora recubrir a estructura que debe estar ben firme con tea de saco ben tensa primeiro e sobre ela capas de papel de xornais ben molladas en engrudo ou cola de pegar ata conquerir a superficie máis lisa posible.

            Se o que se quere é adornar o maio con froles pinchadas, unha boa solución e recubrir todo con goma espuma fina, da que se utiliza nos sillóns, o que permitirá un pinchado suave cos alfileres que atravesarán as flores ou os demáis adornos vexeteais.

            Sobre esta estructura colocaranse os materiais: primeiro cubrir con espadaina darriba abaixo xa que con elo conseguirase que non se vexa nada da estructura “non natural” do maio; despois facer a falda de fiuncho  que xeralmente colócase na parte inferior deixando ver por debaixo, ata o chan,  a espadaina recortada a ras ou non. O fiuncho pode ir cosido ou colgado sendo esta última  maneira moito máis cómoda e rápida porque poden traballar varias persoas á vez. Hay constructores que prefiren levar o fiuncho de abaixo arriba, superpoñándo os colares prácticamente por todo o maio ou incluso quen fai colares dél  deixando ver entre eles a espadaina que recubre o maio por debaixo sobre a que se poden pegar ou pinchar os ornamentos finais.

            A ornamentación seguiente xa depende do gusto dos constructores que o fan ben con colares de pampuios amárelos e blancos; ben pinchando flores e outros elementos sempre naturais para formar debuxos, ou facendo valer a súa innovación creadora nesta parte da confección. Canta máis superficie se deixara de espadaina e sen cubrir de fiuncho, máis posibilidades hay de facer motivos e figuras  ornamentais.

Da coroa teriamos que facer outro capítulo pero bo é saber que se pode facer un armazón de bimbios ou de ferro coa forma que se queira, partindo dun eixo que, cando a coroa estea feita, poda meterse polo cumio do maio tal como quedou explicado máis arriba. En realidade a coroa, que é un elemento moi lucido, é un complemento non indispensable aínda que sí importante para a beleza do conxunto.

            NOTA IMPORTANTE: Este é só un xeito de facer un maio. Nembargantes, cada constructor ten os seus segredos que non desmerecen uns a outros.

GALERÍA DE IMÁGENES DE LOS AÑOS 2003 Y 2009