Natalia Maquieira, CEO de Paso a Paso Agency, con más de 10 años de experiencias como creadora de contenido en las redes sociales dirige la experiencia
Carriola.Redacción.27.04.21.
Sigiendo nuestra información de ayer con respecto al curso para mejorar la doigitalización de los emprendedores, se encuentra ya en marcha y al respecto, desde el Concello, se emite esta nota informativa:
“Os concelleiros Cristina Acuña e Manuel Santos, acompañados pola secretaria técnica de APE Galicia, Sonia Acuña, e o presidente do colectivo, José Ramón Caldas, así como polo tesoureiro de Acemas, Manuel Solla, presentaron esta mañá a formación que arranca hoxe e que está dirixida a emprendedores e autónomos de Marín.
Será da man da content creator e CEO de Paso a Paso Agency, Natalia Maquieira (@pasoapasoblog), que ten máis de 10 anos de experiencia e está especializada en comunicación dixital para marcas nos sectores de moda, beleza e lifestyle. “Os usuarios pasamos moitas horas ao día en redes sociais. Convertéronse na porta principal para futuros clientes e a ferramenta definitiva de fidelización”, asegura a mestra deste curso.
O obradoiro celebrarase a través de Zoom de 20.30 a 22.30 horas desde onte e ao longo do próximo mes. Os inscritos aprenderán a utilizar todas as ferramentas e coñecementos básicos para que a imaxe online do seu negocio mellore notablemente e atraia clientes”.