The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Na lembranza de Eduardo Castro López “EV-Calo” no cabodeano do seu pasamento

Hoxe terá lugar a Misa no seu recordo ás seis do serán no Templo Novo

Carriola.Julio Santos Pena.30.04.21

Fainos chegar a súa filla Natalia, a esquela-aviso da celebración dunha Misa en lembranza de Eduardo Víctor Castro López, “EV.CaLo”, vilagarcián que deixou aquí en Marín a mayoría dos seus anos de vida na escola do Sequelo e participando nas “cousas” da vida marinense de xeito activo e altruista. Será as seis da tarde no Novo Templo e seguro que serán moitas as persoas, amigos, alumnos e compañeiros que compartirán con Elvira, a súa dona, os seus fillos e demáis familia esta lembranza e tamén esta oración pola súa alma.

Aquí, na Carriola de Marín, non podemos deixar pasar a ocasión de recordar a Víctor e dedicarlle a nosa particular homenaxe. E para elo vou recuperar o texto dun discurso que tiven a satisfacción de facer nunha homenaxe a Víctor organizada por Ángel García Carragal un “Día da Poesía” no ano 2016 no salón e actos da Biblioteca Vidal Pazos.

 

 Chegou a Marín no ano 1975 e aquí botou a áncora da vida mesma para fondear neste porto, sen esquecer nunca a Ría de Vilagarcía, onde deixou a alma de arousán de ben, como refrexa en moitos dos seus poemas e libros  onde deixa o seu poético corazón partido en dous porque Marín, a súa ría, e as suas xentes, están imprimidos para sempre no seu ser e, para máis alá de sempre, nos seus libros que, arousans e marinenses, marinenses e arousáns, poderemos e poderán disfrutar no futuro. E, cando dentro de moitos anos,  alguén remexa nas estanterías das bibliotecas de Vilagarcía ou de Marín, atopará a obra de Eduardo Víctor Castro López, que deixa, por sempre, a súa pegada na cultura de ambalasdúas patrias pequeñas deste singular personaxe que soubo conquistar o agarimo dos seus e dos próximos, tanto en Vilagarcía como en Marín, ao longo de tan dilatada e comprometida vida aquí e alá.

                   Coñecín a Víctor no eido do deporte, alá polos anos oitenta. El xogaba no mítico equipo de futbito “Merendero”, i eu o facía no non menos mítico “Rompeolas”. Confeso que, tendo visto aquelas fulgurantes e explosivas carreiras que botaba pola pista, e os tiros que lanzaba para fusilar ao porteiro ou reventar as redes da portería contraria, nunca me pudera maxinar que, detrás daquela máquina humana, podería estar un alma sensible, quen de engarzar nunha ristra de poemas, libros con sentimento e coa beleza do artello artístico de monumentos de palabras e frases, nas que poñer todo o seu sentimento e o seu ser.

                   Tamén é certo que, xa daquela, a cada esforzo sobre a cancha que Victor facía, seguíalle un xesto de sofrimento porque algo andaba mal alá pola súa espalda que, en cambio, non lle impedía intentalo de novo unha e outra vez. Alí estaba o pouso dun futbolista emblemático do Arosa C.F., clube e cidade ás que lle dera gloria moitas tardes ainda que, por aquela, aquel rapaz con grandes miras de progreso deportivo, non era Víctor senón “Tito”, nome de guerra polo que ainda hoxe se recordan as súas fazañas.

        Pero non era ese o camiño definitivo de aquel imberbe Tito convertido despois en “EV-Calo”, quen de amosar aos seus veciños outras moitas facetas da súa vida. O Maxisterio  foi o destiño profesional que elixiu e no que desenrolou nunha dilatada vida de entrega aos seus alumnos que se lembran del, como moitos quixeramos que, os nosos, se lembrasen de nós. Foron coarenta e dous anos atendendo rapaces e xóvenes nos seus destiños de varias localidades da provincia, ata recalar en Marín, localidade á que lle adicou nada menos que 33 de vida profesional pois, desde setembro de 1975, ata febreiro de 2008, pasaron pola súa aula centos de cativos aos que lle imprimiu o sentido do cumplimento do deber, da seriedade e a responsabilidade, non exento o seu traballo de agarimosa relación co alumnado, tanto no colexio Público Sequelo, como no Instituto Salvador Moreno, hoxe “Illa de Tambo”, onde exerceu o seu labor docente.

                   Sorte tiveron eses centos de alumnos e alumnas que recibiron as ensinanzas de Víctor nas áreas da lingua Galega, Castelá e Inglesa , ademáis de, como non podía ser doutro xeito, a Educación Física na que debullaba os seus tempos do “Tito” de Arousa, do Tito deportivo que sempre levou dentro de seu.

                   E digo que sorte tiveron os alumnos e alumnas porque, non é nin doado nin corrente, poder estar na aula dun mestre poeta, quen de escribir oito libros nos que deixar impreso o seu ser, sempre cun pé na Arousa natal, e co outro no Marín do alma, como se pesara tanto un lugar como o outro no trasnscorrer da súa vida.

  • Libros feitos latexos, fervenzas e devalos;
  • libros de retellar a vida mesma nun poema tras outro, ou nunha sucesión de frases feitas muxicas dun arousán, sen buscar máis que deixar impronta do sentimento propio e tamén do recoñecemento e agradecemento eterno a persoas meritorias como Cruz Solla ou Manuel Torres, ou  ao seu amigo Francisco Ramallo, e aínda ao sempiterno atleta Manuel Rosales que, onde se atopen, aquí ou alá, han sentirse hoxe agradecidos das verbas que Víctor Castro lles adicou nas súas obras escritas que ahí quedan para a posteridade.

                   Aínda máis, non só foi poeta (e digo aínda, porque está pendente de publicar os “Versos septuaxenarios” que redondearán a súa obra literaria), senón que, dende a súa chegada a Marín, ven participando nunha chea de manifestacións e actividades de carácter cultural e social.

  • Foi un dos primeiros compoñentes daquela inesquecible rondaia “Os Tunantes” que deron pé ao actual coro polifónico “Lembranzas” naquel entroido do ano 1980 no que, un cento de persoas, reuníronse a carón de Molas para cantar as vellas pezas das trovas carnavaleiras dos tempos de Vinteño, Blanco, Landín, e outros.

Aportou daquela o seu laúde e acompañou ao singular coro ao lado de cumparseiros como

  • Gabriel García “Gaby, Repolo”;
  • Manuel Guimeráns (Cañón)
  • José Pedrouso (O peluquero)
  • Enriqueta Otero (a filla de Molas)
  • José Sánchez (Pepe),
  • e o mesmísimo Eduardo Otero (Molas), que ordenaba coa batuta cada compás naquela armoniosa e popular agrupación que foi o espertar da cultura musical conxunta naquel tempo de primaveira democrática no noso pobo, que puxo principio a unha esplendorosa realidade neste eido onde hoxe podemos disfrutar de coros e corais como Lembranzas, Thalasa, Centro Social, San Xulián, etc. que forman un elenco de agrupacións para dar envexa a calquera outra localidade da contorna e ainda lonxe dela.

             Cabe destacar aquí que, dúas pezas que hoxe leva no seu repertorio o coro de cámara “Thalasa” cos títulos “Os Monxes de Oseira” e “No fermoso areal”, levan o selo da autoría de Castro López co que, no terreo da canción poética, deixa tamén o seu legado eterno.

                   Pero non queda aí a participación de Víctor Castro na vida cultural, deportiva e social marinense pois inda tivo tempo para adicarllelo ao Liceo Casino, de cuxa xunta directiva formou parte durante varios anos,  nos tempos en que esta sociedade tiña gran actividade, sendo o encargado da organización semanal de actos culturais, dende as súas responsabilidades de secretario ou vicepresidente, labores que lle foron premiadas coa insignia de ouro da devendita entidade.

                   Podería seguir ocupando tempo neste acto referíndome a outras dedicacións do noso homenaxeado hoxe, tales como

  • a súa participación na asociación micolóxica “Pan de Lobo”, como gran coñecedor que é dos cogumelos e as súas especies;
  • Ou a colaboración frecuente co Ateneo Santa Cecilia, onde formou parte de xurados como o do premio Manuel María e na festa dos maios, nas súas letras e composicións artísticas;
  • A autoría do pregón do Entroido no ano 2003,
  • ou como cofundador da asociación “Marín-Érguete”, que tanto ben fixo, e ainda fai, no eido social marinense desde entón.

                   Poucos marinenses terán tanto mérito acadado como este noso Eduardo Víctor Castro López, arousán de nacemento e marinense de razón, non en van nos aportou aos seus cinco fillos como outros tantos vecinos máis,   e ben podemos os marinenses e os arousáns, sentirnos orgullosos e agradecidos por esta vida adicada a procurar un mundo mellor, máis solidario e máis fermoso, utilizando a sensibilidade da palabra e do corazón posto en cada un dos renglóns, en verso ou en prosa, que aparecen nas súas obras.

                   Eduardo Víctor Castro López, ti firmas as túas obras como E.V- Calo e todos lemos “Eu Calo”. Pois hoxe aquí decímoste: Non cales Víctor, segue falando, que te escoitamos.    Moitas gracias

 

 

E non quero rematar sinxela e sentida homenaxe sen deixar aquí una obra poética de EV.CaLo” que se convertiu nunha fermosa canción para o coro de cámara “Thalassa” , con música de Francisco Gago e harmonización de Verea Montero, titulada

NO FERMOSO AREAL

No fermoso areal

da vila mariñeira

atopei o primerio

amor

o amor primeiro.

Un poema de amor

na leda primavera

un idilio amoroso

foi

una triste quimera

RETROUSO

Ti es lúa a luar

Luar!

Luar!

Naquela fermosa ría

ti es sirea da beiramar

cando rimo poesía;

os teus sentimentos son ondiñas

que agariman miña dor

Afógame onde ti queiras!

Afógame onde ti queiras!

Miña lúa!

Meu amor!.

 

Hoxe vinte pasar

pola bela ribeira

hoxe vinte pasar,

amor!

Coa alma tristeira.

O remoroso seá

ese vivir senlleiro

recolle-los retrincos

Ai!

Dun pobre mariñeiro?

 

Descanse en paz o bo amigo de todos Victor Castro e o noso sentimento e condolencia para toda a súa familia.