Carriola.C.RdM 10.07.25
julio@carriola.es
Esta fin de semana o encoro de Castrelo de Miño (Ourense) converteuse nun auténtico fervedoiro de remeiros onde 72 clubes de toda España, con preto de 1000 deportistas, participaron no Campionato de España alevín, infantil e veterano.
Unha pequena delegación representou a Marín, que voltou cun sabor agridoce para casa. Debido as altas temperaturas da fin de semana, cos termómetros nos 38ºC, dous integrantes do equipo marinense tiveron que retirarse da competición por golpe de calor. O resto de remeiros continuaron na competición e acadaron un 4º posto e dous 9º postos.
Deste xeito, os alevíns Johel Bangueses e Xabi Mowbray, que se estrenaron de xeito meteórico esta tempada no remo convertíndose en campións galegos a pasada semana, acadaron nesta competición nacional un 9º posto.
O infantil Gorka Rivadulla conseguiu un cuarto posto con sabor a medalla, logo dunha disputadísima regata na que se lle escapou o metal xusto na línea de meta. E por último,

os infantís Alejandro Estebanez e Breogán Gutiérrez, acabaron un 9º posto na final do dobre scull.
Otra tempada excelente para o remo marinense
Nesta tempada, o club conseguiu en competicións autonómicas un total de 21 medallas entre todas as súas categorías: 5 ouros, 8 pratas e 8 bronces. A nivel nacional foron 4 as conseguidas: 1 ouro e 3 bronces. Ademáis, este ano a selección española convocou por primeira vez aos seus remeiros Paula García e Xián Gutiérrez.
Compre destacar o bo facer do club, que ano a ano está a mellorar as súas marcas, e a levar o nome de Marín por toda a xeografía nacional e mesmo internacional.
Escola veraniega de remo
Dende o club recordan a todos aqueles que queiran probar o remo que o poden facer durante xullo e agosto a través do campamento de verán ou durante o curso escolar a través escolas deportivas do concello. A inscricións do campamento de verán están aínda abertas e os únicos requisitos para poder iniciarse son saber nadar e ter dez ou máis anos. As inscricións poden facerse no teléfono 669957267.