A entrega será o Día das Letras Galegas no salón de plenos nun acto telemático
Carriola.Redacción.14.05.21
O “XVI Premio de Narración Curta Concello de Marín” foi para a escritora Alicia Rodríguez Massó, de Pontevedra, pola súa obra “A Chamada” que acadou a maior valoración du xurado calificador formado pola escritora Fátima Álvarez González; o bibliotecario do Concello de Bueu, José Ramón Núñez, e a bibliotecaria do Concello de Cangas, María Pilar Refojo que destacaron o alto nivel das obras presentadas nesta edición do veterano premio.
O acto de entrega, que pode ser seguido telemáticamente, terá lugar o próximo luns no Salón de Plenos do Concello ás doce do mediodía onde, si se sigue o guión de todos os anos, a gañadora fará lectura da súa obra ante os asistentes e recibirá a dotación do premio nese mesmo acto.
Gañadores do concurso escolar
Paralelamente ao premio antes citado, tamen se valoraron os traballos presentados polos escolares dos centros deste entorno dos que resultaron gañadores por categorías os seguintes:
Educación Infantil
*1º.- “O Sombreiro” de Adriana Cambeiro Méndez, do CEP Sequelo
*2º.- O Pequeño extraño”, de Abel Garrido Dasilva, do CEP Sequelo
*3º.- “Pepiño”, de Iván Pazos Blanco, do Colexio San Narciso.
Segunda categoría
*1º.- “Todo o Revés” de Doel Nogueira Veiga, do Colexio San Narciso
*2º.- “O Avó máxico” de Noa López Giménez, Colexio San Narciso
*3º.- “O Misterio” de Álvaro Tomé Miguélez do CEP Sequelo
Terceira categoría
*1º.- “A protectora das palabras” de Zoe Martínez Ribó, do CEP Sequelo