Total: encontrados 11682 resultados.
Página 364 de 585
Carriola.BNG (R).16.05.23
Segundo declarou onte Lucía Santos “a aposta decidida do BNG polo comercio local, un elemento central na economía local que crea riqueza e fomenta a creación de emprego, polo que cómpre fortelecer un sector esencial para o dinamismo económico e social do noso concello.”
Este luns a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, achegouse a Marín, onde visitou varios comercios da nosa vila acompañada pola candidata á alcaldía, Lucía Santos, e un numeroso grupo de representantes do BNG.

A comitiva visitou o Taller Fariña Xoias e Artesanía e Bicos, onde Ana Pontón manifestou unha vez máis o firme apoio do BNG ao comercio local e ao produto de proximidade.
“Quero facer un chamamento, un convite, a consumir no comercio local e a consumir produto local, tanto fresco como manufacturado, sempre que teñamos esta opción”, solicitou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen subliñou as vantaxes de apostar polo feito en Galiza. “A calidade está garantida e, ademais, estamos deixando a riqueza no País, fomentando a creación de emprego e fortalecendo un sector esencial para o dinamismo económico e social de vilas e cidades”, alegou.

Receptividade popular
Durante o percorrido polas rúas de Marín, numerosas persoas achegáronse para saudala e intercambiar impresións, tanto con Ana Pontón como con Lucía Santos, recibindo numerosas mostras de simpatía e da necesidade dun cambio de rumbo na política municipal.
Pola súa banda, Lucía Santos, afirmou que “o goberno da Sra. María Ramallo ten abandonado o comercio local, como así o manifesta o propio sector”, un sector que arrastra desde hai anos unha importante crise. Santos lembra que “o BNG leva solicitando nos últimos anos ao goberno do PP un maior apoio ao comercio local e propoñendo varias campañas e distintas medidas, algunha das cales foi recollida polo PP e levada adiante nas últimas semanas, curiosamente na precampaña e na campaña electoral.A candidata do BNG en Marín destacou tamén “a aposta decidida do BNG polo comercio local”, “un elemento central na economía local que crea riqueza e fomenta a creación de emprego, polo que cómpre fortelecer un sector esencial para o dinamismo económico e social do noso concello.” E engade que “o comercio local enche de vida as rúas, xusto o contrario da imaxe de tristeza, deterioro e abandono que transmiten as rúas con persianas baixadas e locais baleiros, como acontece agora mesmo na nosa vila.”
Afirmou tamén que “é necesario que o concello fomente a actividade económica, establecendo liñas de acción política que propicien que os axentes económicos teñan máis facilidades para realizar investimentos e xerar emprego”, e, por outra banda, Santos expresou que “o BNG defende a protección dos recursos ambientais, naturais e produtivos e desenvolver o potencial do territorio así como o consumo de produtos quilómetro cero nas instalacións públicas e fomentalo no comercio e hostalaría.”
Propostas concretas do BNG en relación co comercio local
Santos presentou unha serie de propostas en relación co comercio local:
- Fomentar a área de Desenvolvemento, Formación e Orientación Laboral.
- Revisión e potenciación do portal dixital de comercio local Marín en Rede.
- Analizar a posibilidade de implantar a medio prazo un centro comercial aberto (modelo outlet de Allariz) no casco histórico.
- Da man das asociacións comerciais como Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, Acemas Asociación de Comerciantes Marín Sur, Estrela de Marín:
* Promoción do pequeno comercio fronte ás grandes superficies e plataformas.
* Establecemento de programas formativos que impliquen melloras na calidade, xestión e administración.
* Realización de campañas activas de fomento do comercio de proximidade, coa colaboración da Asociación da Praza de Abastos de Marín, Acemas Asociación de Comerciantes Marín Sur, Estrela de Marín, entre outras.
- Potenciación da Mesa Local de Comercio:
* Revisión da Ordenanza Municipal
* Propor a creación dunha asociación específica que englobe aos empresarios individuais ou empresas tanto do sector de comidas e bebidas como os de aloxamento.
* Inclusión de representantes do sector do aloxamento turístico.
- Liña de axudas para a posta en práctica de protocolos ligados á dinamización e diversificación da economía local.
- Recuperación do mercadillo de Seixo.
Finalmente e, en relación co produto de proximidade cuxa calidade está fora de toda dúbida, Santos defendeu que “o BNG promoverá a promoción da produción ecolóxica, como mellor forma de acadar un maior valor engadido.”

Acto público hoxe na alameda de Seixo
O BNG de Marín organiza para hoxe martes 16 de maio un Acto Público en Seixo, que terá lugar ás 20:30h. na Alameda da Casa da Cultura, coa intervención dos candidatos José Souto (3) e Celia García (2), a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, e a candidata á alcaldía de Marín, Lucía Santos.
Cómpre engadir que Montse Prado é a portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego e o acto contará coa presentación de Lola Rodríguez Martínez
Carriola.Redacción.15.05.23
A primeras horas de la tarde falleció Fermín Feijóo Trabazo, a los 87 años de edad tras agravarse su estado de salud lo que deja un vacío cultural en Marín, no en vano durante muchos años dirigió el Coro de San Xulián tras haberse jubilado como músico de la Escuela Naval Militar donde también durante mucho tiempo fue una pieza indispensable de la agrupación elegido por su virtuosismo como intérprete de oboe.
Fermín Feijóo fue profesor de varios conservatorios superiores en los que preparó a numerosos jóvenes para el mundo de la música que guardan de él un imborrable recuerdo profesional en el desarrollo de su docencia.
Los restos mortales de Fermín se encuentran en el tanatorio que se abrirá dentro en próximos momentos y su inhumación tendrá lugar mañana sin que en el momento de escribir este comunicado podamos especificar más los datos del mismo lo que haremos en cuento tengamos noticia de ellos.
Descanse en paz Fermín Feijóo que deja una imborrable huella de amistad en numerosas personas que con él trataron durante muchos años.
Carriola.PP (R).16.05.23
Transcribimos en Carriola unha nova declaración de intencións que manifesta o Partido Popular no seu programa e neste caso referente á mellora futura nas barriadas locais de veciños:
Sabemos que son zonas nas que vive moita veciñanza e precisan dunha renovación, tanto en materia de servizos como na humanización xeral da súa superficie”, explicou a actual alcaldesa, que aposta por abordar esas melloras nos próximos catro anos en Favarizas e Virxe do Carme e tratar de acadar un ARI específico para Cantodarea.
Queremos trasladar unha aposta por seguir mellorando o noso casco urbano, defendendo as reformas que levamos feito e trasladándoas aos barrios e barriadas para poñer en valor cada rúa, cada zona . Esa foi a promesa que deixou patente a candidata á reelección para a Alcaldía de Marín, María Ramallo, na súa intervención de onte no mitin central dacampaña para os populares, que ateigou ata a bandeira o Multiusos da Praza de Abastos.
E é que dentro do programa electoral que co que o PP de Marín quere trazar as liñas futuras do Marín que está por vir, a mellora urbana dalgunhas das zonas que a día de hoxe máis o precisan é un pilar fundamental.
Por iso, o PP quere priorizar a humanización das barriadas de Virxe do Carme e Favarizas como dous proxectos estratéxicos de cara aos próximos catro anos. “Sabemos que son zonas nas que vive moita veciñanza e que precisan dunha renovación, tanto no que non se ve, en materia de saneamento e servizos, como no que si é máis apreciable, a nivel de humanización, mellora urbana, mobiliario e alumeado”.
Pero ademais, para o PP é fundamental poder sacar adiante outro importante proxecto no barrio mariñeiro por antonomasia da nosa vila: Cantodarea. Queremos traballar para impulsar un Área de Rexeneración Integral para Cantodarea, porque sabemos que ten potencial de mellora, pero precisa medidas concretas, que respondan ás necesidades desta barrio. Precisamente, a rehabilitación edificatoria e a estimulación de nova promoción inmobiliaria tamén foron dous puntais sobre os que se sostivo o discurso da actual alcaldesa.
Marín estase a converter nun referente en moitos ámbitos, pero sabemos que aínda queda traballo por facer e en vivenda queremos dar un impulso importante no próximo mandato.
Carriola.Redacción.15.05.23
Un día magnífico climatológicamente hablando y un entorno precioso como es ese punto allá en lo alto de Marín desde donde se divisa un espectacular paisaje de nuestra ría. Un pueblo fiel al homenaje a San Diego, el fraile franciscano que llegó a tan alto lugar hace 314 años y conquistó el corazón de los vecinos del entorno que premiaron su evangelización, primero con la vocación franciscana de un joven del entorno y luego con la construcción a cuenta de los padres del chico, de esta capilla en honor del fraile.



Los vecinos de Cadrelo y otras personas que se acercaron a compartir la jornada, participaron en la Misa celebrada por Don Eduardo, sacerdote de Cangas que sustituyó a Don Álvaro Rodríguez que está pasando un momento muy delicado de salud en el Hospital de Santiago de Compostela. Posteriormente salió la procesión presidida por la imagen de San Diego y acompañada por las demás imágenes que se guardan en la capilla en presencia de la alcaldesa de Marín y concejales del PP y del BNG, y todo terminó con la actuación de Airiños de San Xulián que, tras marcar el paso de la procesión ofreció un concierto en el campo de la feria.
Carriola.C.R. Ría de Marín.15.05.23
O club de remo ven de participar nunha regata nacional esta fin de semana, con grande éxito para os seus remeiros que conseguiron magníficos resultados na competición nacional, preparatoria do Campionato de España.

Con 5 medallas no peto e uns meritorios 4º, 7ºe 13º postos, os remeiros de Marín voltaron de participar esta fin de semana na XXX Copa Primavera de Remo. Trátase dunha competición nacional, previa ao vindeiro Campionato de España, na que competiron un total de 32 clubes con 233 embarcacións inscritas, nas categorías de alevín, infantil, cadete, veterano e remo adaptado.


Séptima posición
O club marinense acadou a 7ª posición no medalleiro, gracias aos ouros da veterana Pilar García en 1xVF, dos alevíns Saleta Fariña - Alejandro Estébanez (2xAMix) e Gorka Rivadulla - Rubén Sobral (2xAM), e do cadete Xián Gutiérrez (1xCM). Destcables tamén as actuacións do alevín Breogán Gutiérrez, que acadou unha 4ª posición (1xAM), mentres na categoría cadete Niobe Barreiro quedou 7ª na súa categoría (1xCF) e Manuel Caiño e Anxo Branco quedaron 13º.

Reina no club unha gran satisfacción e de onde se envían parabéns para todos os participantes ¡e a continuar co traballo duro!
Carriola.Redacción.15.05.23
María Ramallo actual alcaldesa de Marín y candidata a una cuarta reelección tras sus tres anteriores mayorías absolutas, se debió sentir muy respaldada ayer ante el abarrote en el multiusos que produjo la convocatoria al mitin principal con presencia de Alfonso Rueda, actual presidente de la Xunta y del PP gallego.

Presentación de los candidatos
Manuel Santos Costa, concejal en el concello marinense y diputado en el Parlamento de Galicia fue el encargado de hacer la presentación del acto celebrado en el multiusos al que asistieron varios cientos de personas que abarrotaron el recinto y aplaudieron repetidamente las palabras de los intervinientes, sobre todo cuando surgía en ellas el nombre de la candidata María Ramallo. Antes de dar paso al siguiente orador, Santos fue llamando a todos los miembros de la candidatura que se apostaron frente a los asistentes entre los que se encontraban los conselleiros de Sanidad y Medio Rural, Comesaña y González; Los presidente y secretaria del PP provincial López y Luisa Piñeiro y entre otras personalidades, Encarnación Rivas, Lupe Murillo y Pilar Rojo.
Tras la breve presentación de Santos Costa, intervino Luis López, también con cierta brevedad aunque con la suficiente contundencia para destacar el valor personal y político de Ramallo a la que calificó como una gran alcaldesa siempre pendiente de conseguir mejoras para su pueblo.
María Ramallo

Y ya correspondió el turno a la propia candidata que presentó el programa de su partido reflejado en un cuaderno profusamente adornado con grandes imágenes de obras conseguidas, obras en consecución y obras que están en el plan de inmediato futuro del PP si consigue de nuevo el gobierno del concello marinense.
María Ramallo empezó por destacar y agradecer el trabajo de su equipo que repite, prácticamente en su totalidad, compañeros a los que calificó de competentes y fieles además de unidos y dispuestos al trabajo de todos los días del año sin límite de horas. Tuvo también un recuerdo de los peores tragos vividos durante la actual legislatura refiriéndose a la pandemia y a la desgracia del Villa de Pitanxo, entre otros, pidiendo aplausos para quienes durante la primera aguantaron el tipo en sus trabajos para que no faltase de nada a los demás, y para los familiares, algunos presentes, de los náufragos del barco siniestrado, petición a la que respondieron los asistentes prolongadamente.
El discurso de Ramallo se centró después en la persona del presidente de la Xunta, Alfonso Rueda al que le mostró el contenido del programa del partido para el que aseguró, “necesito pasta”. Habló de la promesa cumplida del auditorio hecha tal día como ayer hace cuatro años por Feijóo, obra que está en construcción a pesar de las dificultades surgidas. Enumeró los proyectos de conseguir una unión de Marín con el mar, de conseguir un Marín mus saludable y ordenado con dotación de sendas, parques, remodelaciones como la de Seixo y la construcción del aparcamiento subterráneo todo con la decisión de hacer un pueblo más conectado entre sí que nunca, más sostenible y abierto al turismo y sobre todo, aportarle vida mediante apoyo a la cultura y a las tradiciones.
La candidata insistió en reclamar la atención de Rueda Crespo al que recordó su unión con Marín, no en vano aquí estudio su Bachillerato y aquí tiene su plaza como Secretario del Concello que no ejerce por sus responsabilidades políticas.
Al terminar su alocución María Ramallo recibió una prolongadísima y fuerte ovación en forma de cálidos aplausos de sus incondicionales, muchos de ellos de pie en el al haberse ocupado las muchas sillas que se colocaron para comodidad de los asistentes.
Alfonso Rueda en plena sintonía con la candidata

La intervención de Alfonso Rueda fue, principalmente para destacar la valía de Ramallo Vázquez como candidata habiendo demostrado reiteradamente su condición de marinense dispuesta a luchar por el bienestar y la mejora de su pueblo. Rueda aseguró que María rechazó en numerosas ocasiones propuestas del partido para ocupar cargos en el organigrama de la política autonómica del PP y destacó con ello el espíritu de entrega a Marín de esta política que lleva ya más de tres décadas en la corporación marinense y tres legislaturas disponiendo de sendas mayorías absolutas. El presidente del PP gallego no tuvo dudas en vaticinar que su partido, gracias a María y a sus compañeros de equipo de los que también destacó sus cualidades, conseguirán un a nueva mayoría y como prueba se refirió al abarrote de público que en el acto se encontraba signo evidente, dijo, del apoyo popular del que goza la candidata.
Tuvo referencias a aspectos de la política nacional criticando entre otros motivos, los pactos del PSOE de Pedro Sánchez con los asesinos de ETA y terminó pidiendo el voto y el apoyo de los presentes y de sus entornos a la candidatura del Partido Popular asegurando que es la mejor opción de futuro para este municipio.
Carriola.Redacción.15.05.23
O BNG terá hoxe como principal actividade de campaña electoral a visita de Ana Pontón responsable máxima en Galicia do partido que fará un percorrido pola vila na compaña de membros da candidatura
Segundo cominican desde o propio BNG, “A visita, enfocada na aposta do BNG polo comercio local e o produto galego, terá lugar a partir das 18:30h. desde a caseta de turismo. Ana Pontón visitará varios establecementos da localidade marinense, acompañada de Lucía Santos, candidata á alcaldía de Marín, e unha representación do BNG local”.
Carriola.Redacción.14.05.23
La Casa de Cultura de San Xulián reunió a un nutrido grupo de vecinos de la parroquia que acudieron a la convocatoria de VOX, para escuchar las propustas de su candidato Juanma Rosales quien conversó con los asistentes sobre los problemas de la parroauia y del municipio en general, resaltando lo que el candidato calificó como “gasto sin control”, entendiendo por otrta parte que “existe la necesidad de una política real para la gente de a pié;necesidad de bajada de impuestos y el gasto en temas que no afectan a la realidad de la gente”.
Rosales analizó con los asistentes los problemas del día a día de la zona de San Xulián como uno de los baluartes del rural marinense.
Vox continuará su visita a los distintos lugares de Marúin y a lo largo de la campaña tomará contacto directo con los vecinos para explicar su opción política en estas elecciones.
Carriola.Redacción.14.05.23
La zona alta de Marín, allá por O Pereiro en Cadrelo, se verá alterada en su tranquilidad paisajística por la celebración de la fiesta de San Diego que cuenta con una preciosa capilla de 314 años de antigüedad que, en la actualidad se abre una vez al año y precisamente tal día como hoy festividad de San Diego, en honor al franciscano que un día de hace más de tres siglos, llegó a la zona para evangelizar al personal.
La capilla se encuentra totalmente remodelada y los vecinos recuerdan que hace unos treinta años empezó su recuperación porque permaneció muchas décadas sin tejado y con el interior lleno de maleza y prácticamente en paredes, ya que había sido abandonada totalmente, hasta que la gente del entorno, con la ayuda de la Comunidad de Montes, decidieron ponerse al trabajo de rehacer practicamente el coqueto templo que ahora luce perfecto y apto para honrar la memoria de San Diego.
Lo que cuenta la tradición

Imagen de San Diego, obra inconfundible del escultor marinense Xan Martínez Hermida
La tradición cuenta que esta capilla fue levantada por una familia que quiso así celebrar el ingreso en la comunidad franciscana de un hijo atraído por la misión de San Diego. Actualmente, se considera propiedad de los vecinos que son los que con mimo la cuidan todo el año y la preparan de forma especial para la celebración de esta fiesta Aseguran que, hace más de tres siglos apareció por O Pereiro un franciscano de origen andaluz llamado Diego en misión evangelizadora que dejó huella entre los vecinos que por allí habitaban. Y una de los frutos de aquella peregrinación del fraile fue el despertar vocacional de un joven de familia acaudalada en la zona que ingresó también en la orden franciscana lo que animó a sus propios padres a levantar una capilla en su honor, justamente al lado de la vivienda que habitaban inaugurándola el día 9 de octubre de 1709, según datos de los que dispone Carriola de Marín, que aseguran que la donación fue hecha por los vecinos Benito Loira y su esposa María Piñeiro que celebraron con ello la ordenación sacerdotal de su hijo, como reza en documentos firmados por el Notario Antonio Castro Quinteiro.
Una segunda advocación
La capilla que se levantó en honor al que los vecinos consideraban San Diego en aquel momento, no siempre estuvo dedicada a este curioso personaje religioso porque existe constancia de que en 1732 se veneraba allí a Nuestra Señora de Guadalupe y cabe la posibilidad de que, lo que los vecinos consideraban “Santo” aunque para ellos lo fuera, no estaba así reconocido por la iglesia en aquel entonces. Eso sí, la capilla fue perdiendo interés del entorno y llegó a estar prácticamente en muros con el tejado hundido y llena de maleza produciéndose entonces, sin que podamos determinar el año, el incendio que la convirtió en una ruina total hasta que los vecinos tomaron en consideración la necesidad de restaurarla y celebrar, al menos una vez al año, la fiesta que hoy tendrá lugar en “O Pereiro” o “Cadrelo”, a donde se accede con facilidad desde la carretera que va desde el Lago Castiñeiras a la Cruz de la Maceira.
Misa a la una seguida de procesión
A la una de la tarde se celebrará la Misa en Honor de San Diego que será seguida de la tradicional procesión con el ritmo puesto por el grupo de gaitas “Airiños de San Xulián” que durante la mañana ofrecerá su ruada y posterior concierto en el campo de la fiesta ubicado a poca distancia de la capilla.
Carriola.Redacción.12.05.23
Hai medio século que se completou a transformación escolar de Marín que, ata entonces contaba con escolas unitarias esparcidas polo municipio da man de mestres inolvidables que, xunto cos do vello Grupo Escolar, educaron a un pobo nos intres da fame. Nos tempos do alcalde Alfonso Martin Suárez, que aí está para contalo, construíronse os colexios que hoxe temos, un deles o de “Viñas Brancas” ou “Carballal” que este ano celebra por todo o alto ese 50 aniversario; toda unha historia. Desde o propio centro chéganos este artigo ao respecto, unha invitación á participación dos que alí viviron parte da súa vida que transcribimos:
"Este curso no CEIP Plurilingüe do Carballal cumplimos 50 anos, polo que
o título do PDI (proxecto didáctico integral) deste curso non podía
ser outro que "50 Anos Argallando".
Por este fermoso motivo, gustaríanos facer un chamamento a todos/as
os/as antigos/as alumnos/as, mestres/as, traballadores/as que formaron e
forman parte desta comunidade educativa para que nos fagan chegar
fotografías, videos (en calquer formato: beta, super 8, vhs, etc) do
seu paso polo centro dende os anos 70 ata hoxe.
Para facernos chegar esta tan valiosa información, poden facelo na
secretaría do cole, mandalo a través de familiares, amigos/as,
veciños/as, alumnos/as... mediante a web do cole, correo
electrónico... poñéndose en contacto no tlfno 886 15 13 57. Podedes
enviar o material ata o martes 16 de maio.Todo o material achegado
será escaneado e/ou copiado e devolto ós/as seus /súas propietarios/as
A presentación do proxecto por parte do alumnado se relaizará o día 2 de xuño a partires das 17.00 hora,, día que ademáis, faremos unha festa- romería chea de lembranzas, anécdotas, música e homenaxes”.
Pois aqui queda a invitación do veterano centro á participación nesta efemérides que ven sendo medio século de historia escolar deste pobo.
Carriola.Redacción.14.05.23

José Carlos Otero López (Lic. en Pedagogía)
MAÑANA,15 DE MAYO, “DIA INTERNACIONAL DE LA FAMILIA”
REFLEXION
Según la Organización Mundial de la Salud (OMS), podemos definir a la familia como el “conjunto de personas que conviven bajo el mismo techo, organizadas en roles fijos (padre, madre, hermanos, etc.) con vínculos consanguíneos o no, con un modo de existencia económico y social comunes, con sentimientos afectivos que los unen y aglutinan”.
Cada año, el dia 15 de mayo se celebra el DIA INTERNACIONAL DE LA FAMILIA, fecha proclamada por la Asamblea General de las Naciones Unidades en el año 1993 para hacer un reconocimiento explícito sobre la importancia que tiene el núcleo familiar, sobre todo, por el impacto que tiene en los mas pequeños y por los vínculos emocionales que se pueden estimular entre todos los miembros de la misma.
Ese es un día para organizar actividades diversas no solo en la familia, sino también en los centros de enseñanza y en las diferentes instituciones públicas, tales como conferencias, talleres, jornadas deportivas y lúdicas, etc., siendo además los medios de comunicación quienes deben hacer un esfuerzo para difundir el mensaje de cuáles son las necesidades y problemas de las familias en la actualidad, así como de su importancia como grupo social.
En la actualidad, la idea de familia ha cambiado muchísimo y el concepto tradicional de familia nuclear o familia extensa, componiéndose de un padre, una madre y uno o varios hijos/as e incluso tios/as, abuelos/as, ha ido cambiando, dando paso a las familias monoparentales y de sexualidades e identidades de género variadas, familias homoparentales, reconstruida, de acogida, adoptiva, etc.
Pero a pesar de los cambios que se han producido en nuestra sociedad en relación al modelo de familia, el hogar familiar es el vínculo afectivo mas poderoso y debe seguir siendo el punto de referencia para la educación y la formación de los hijos. En estos tiempos en los que en ocasiones, por razones laborales u otras ocupaciones, se delega por completo en colegios, instituciones y en actividades extraescolares, es importante recordar que la educación debe partir siempre del núcleo familiar porque el colegio está para enseñar pero la familia para formar y educar. Y no solo la colaborar en la educación académica sino también la educación en valores y la educación emocional.

Este día es una gran oportunidad para reflexionar sobre el gran tesoro que es la unión familiar, por ello se debe aprovechar para disfrutar todos de actividades conjuntas, tales como una caminata o ruta de senderismo, juegos al aire libre, programar una tarde lúdica con juegos populares y tradicionales, disfrutar viendo juntos una película, etc., donde se transmitan los valores que deben emanar desde la familia.
CONCLUSIÓN
Debemos tener en cuenta que el modelo de familia en que los hijos crecen marca en gran medida la forma en que ellos se comportan en la sociedad y modelará también su etapa adulta. Según estudios científicos, cuando los niños muestran una conducta antisocial, normalmente se debe a conflictos entre padres, estrés familiar o prácticas educativas en el seno de la familia poco respetuosas y por el contrario, los niños/as socialmente “modélicos” proceden de familias con vivencias enriquecedoras.
Aunque cada familia es única e irrepetible, en todas deberían potenciarse los siguientes valores: afectividad, compresión, respeto mutuo, compromiso, responsabilidad, comunicación y justicia.
Tenemos que finalizar esta reflexión recordando que “los hijos no obedecen, imitan”. Entonces, no pidamos a los hijos/as que hagan algo que nosotros como padres no hacemos.
Carriola.María Ramallo.12.05.23
Queremos seguir na senda destes últimos anos, adecuando os edificios para que estean mellor illados, con medidas de eficiencia enerxética que fan que a comunidade educativa, tanto mestres como alumnado, poidan estar máis confortables nas escolas e nos institutos
As xeracións máis novas son o presente e o futuro e por iso é preciso apostar por unha educación pública de calidade, con infraestruturas á altura do modelo educativo que se corresponde co século XXI. e a mellora dos centros educativos da vila será un dos eixos principais da nosa actuación nos próximos catro anos.
Xa levamos varios anos levando a cabo melloras importantes, con reformas prácticamente integrais, en moitos centros de Marín e queremos seguir nesa senda, adecuando os edificios para que estean mellor illados, con medidas de eficiencia enerxética que fan que a comunidade educativa, tanto mestres como alumnado, poidan estar máis confortables nas escolas e nos institutos.
Algúns dos centros nos que se actuou neste sentido nos últimos anos foron o Carballal, o Sequelo, IES Illa de Tambo ou o Chan do Monte. Con este mesmo espírito, os populares marcamos dous centros como os que se beneficiarán deste tipo de axudas de cara ao próximo mandato: o CEIP da Laxe e o CEIP de Seixo.
Futura rede de camiños escolares e máis dixitalización
Ademais, Ramallo asegura que dentro dos proxectos que se inclúen na Axenda Urbana de Marín, un dos documentos estratéxicos que marcarán as liñas de progreso da vila nos próximos anos, levarase adiante a creación dunha rede de camiños escolares seguros, para fomentar a mobilidade sostible entre os máis pequenos, sempre coa garantía de que os seus desprazamentos son seguros.Ademais, nesa procura dunha mobilidade máis sostible e no fomento de hábitos saudables entre o alumnado, tamén se instalaron aparcabicis en todos os centros, co obxectivos de que esta forma de traslado sexa tamén unha alternativa.
Por outro lado, nos últimos tempos intensificouse a mellora dos centros educativos en materia de dixitalización e desenvolvemento de novas aptitudes entre o alumnado. Boa conta disto dan os Polos Creativos dos que gozan varios centros da vila, nos que os pequenos e pequenas poden interactuar con disciplinas audiovisuais e comunicacionais, de tecnoloxía e de robótica.
Carriola.José Souto Piñéiro (*).14.05.23
Algo que caracteriza a un concello moderno, atractivo e dinámico é o uso dos seus espazos exteriores e zonas verdes dunha forma aberta, social e sostible, xerando un beneficio aos habitantes e visitantes que repercute no crecemento da vila e na mellora da calidade de vida, creando equilibrio medioambiental e aínda fomentando o gasto nos comercios (hostalaría, venta ao público, servizos…).
Estes espazos dannos identidade, crean veciñanza, falan do noso ADN e dan a entender quen somos e cara onde imos. É moi importante no momento da xestación dun proxecto acertar cos obxectivos marcados de presente e futuro, facelo con cabeza dende o principio para satisfacer as necesidades de uso para o cal foi concebido, xa que se non as cumpre simplemente será un malgasto de fondos e tempo e quizais non haxa máis oportunidades para volver facelo. Finalmente ese será o legado que deixamos como representantes da cidadanía para as seguintes xeracións, estea ben ou mal feito.
Un Marín con gran potencial
En Marín temos potencial dabondo para poder crecer e sobre todo mellorar, pero para que isto sexa posible temos que ter unha boa xestión, e para conseguir estes obxectivos dunha maneira eficiente habería que desenrolar tres areas prioritarias: o mantemento, a creación técnica e desenrolo das obras.
* No referente ao mantemento o primeiro a facer é unha conservación adecuada do que xa temos, dándolle valor e mesmo mellorándoo. Non vale de nada crear novas zonas para despois telas abandonadas. A sensación xeral ten que ser de coidado e limpeza.
* En canto á creación, unha oficina técnica de paisaxismo con profesionais cualificados dende o concello traballaría deseñando, planificando, xestionando, valorando as actuacións coa súa correcta execución e evolución.
O indispensable mantenemento posterior
Na creación dos espazos hai que pensar no seu mantemento posterior, pero non dar sempre solucións simples con composicións de pranta que supostamente non dan traballo, xa que podemos caer na simpleza máis absoluta da mesma forma que se gasta en pranta de temporada para despois tirala, poñendo sempre cyclamen, begonia e alegría guineanas cos mesmos colores durante 12 anos, sen variar e facer novas combinacións.
A diversidade a ter en conta
A visión ten que ser que hai que traballar para 24.034 clientes respectando sempre o pensamento de cada un, coas súas diferentes variantes de uso como poden ser mobilidade reducida, áreas recreativas para as familias, lugares ao aire libre para a mocidade e maiores, zonas onde tamén poder desfrutar da noite e do verán. É preciso actuar máis alá do centro, podéndose crear pequenos espacios de esparcemento nas parroquias, preto dos palcos ou onde a veciñanza o demande, e tamén pensar nos veciños que teñan animais domésticos. Por iso hai que ser moito máis efectivos e creativos á hora de facer os novos proxectos, buscando o mellor resultado cun bo equipo multidisciplinar, sendo innovadores e actualizándonos, pois dá a sensación que temos un computador que aínda funciona co windous 98.
Aproveitar para crear formación e contar con empresas locais
No desenrolo das obras, os traballos que sexan posibles pódense facer cos traballadores propios do concello, e como reforzo a creación de obradoiros onde ademais de aprender un oficio con formadores profesionais, os alumnos remunerados marinenses poidan acabar traballando para o concello na creación da obra de maneira práctica e cunha adecuada dirección. E unha vez acabada a formación quizais sairán profesionais ao mercado en vez de por exemplo pedir 20 postos de varrendeiros todos os anos á deputación …
Noutros proxectos contar sempre coas empresas de Marín, que son as que temos que coidar e facer crecer, xa que repercutirán en novos postos de traballo e gasto no comercio de Marín, tentando pagar dentro da normalidade e sen demoras desde a administración local.
(*) Josè Souto , candidato número 3 do BNG para o 28M
Carriola.Redacción.14.05.23
El acto de campaña más significativo de hoy se centra en el mitin del PP que tendrá lugar en el Multiusos del Mercado con la presencia del presidente de la Xunta Alfonso Rueda que compartirá estrado con la candidata a la renovación en la alcaldía María Ramallo. Las siete de la tarde es la hora señalada para el inicio del mitin central de la campaña electoral del Partido Popular que contará con la presencia de Alfonso Rueda, actual presidente del PP gallego y de la Xunta de Galicia.
PSOE, BNG Y VOX, HOY DE REPARTO
Los demás partidos , PSOE, BNG y VOX han anunciado, para este domingo, una jornada de “calle” con reparto de propaganda mano a mano y entrevistas con los vecinos allí donde se encuentren y no sería extraño que se acercasen miembros de sus candidaturas a Cadrelo donde se celebra la fiesta de San Diego, una buena ocasión para tomar contacto con vecinos del rural.
El BNG, a preguntas de Carriola fue el más preciso al señalar Ardán como el área que visitarán hoy para conversar con el vecindario y, con respecto a los próximos días, anunciando que, mañana lunes estará en Marín, desde las siete de la tarde Ana Pontón y, el martes a las 20,30 , mitin en la alameda de Seixo
Carriola.In Mare.13.05.23
El Club de Gimnasia Rítmica In Mare tiene la gran satisfacción de haber recibido en encargo federativo de organizar este evento en el que competirán más de quinientas gimnastas en la búsqueda de clasificación para el Campeonato Gallego de la especialidad
El Concello de Marín y el Club In Mare, colaboran con la Federación Gallega de gimnasia en la organización de la segunda fase de la liga Provincial de gimnasia rítmica, evento donde además de proclamar a los campeones provinciales, también se designan a los que obtienen el pase para participar en todo un campeonato Gallego de gimnasia Rítmica.
Orgullo para Marín
Es un orgullo para todos haber conseguido que la federación se decidiese finalmente por Marín para ser la sede de la segunda fase de este evento deportivo, y también que se decidiese por el club In Mare para la organización del mismo. Para el ayuntamiento y el club es un placer asumir esa responsabilidad una vez más.
Un domingo especial
Este domingo es un día marcado en rojo en el calendario de todos los clubs y escuelas de Pontevedra, pues es uno de los fines de semana más importante de la temporada. Mañana domingo está en juego no sólo el campeonato provincial sino también el tan ansiado pase al campeonato gallego y más de quinientas gimnastas entre conjuntos e individuales se darán cita en el pabellón de la Raña de Marín para mostrar su buen hacer sobre el tapiz. De forma casi ininterrumpida 145 bailes harán las delicias del público asistente en una jornada de domingo casi maratoniana.
Un deporte de ilusión y sacrificio
Para ver la importancia que tiene un evento de estas características solo hay que fijarse en los rostros de las gimnastas y sus entrenadoras previas a la entrada al tapiz principal. En esos rostros se conjugan infinidad de emociones, nervios, responsabilidad, concentración, ilusión, compañerismo, fe… y sobre todo sacrificio. Si algo caracteriza a este deporte es eso último: el sacrificio de las gimnastas, el de sus entrenadoras, y el de sus padres y familiares que sufren tanto o más desde las gradas.
Estas gimnastas en poco más de dos minutos ponen en juego todo un año de entrenamientos, horas y horas de entreno sobre el tapiz reducido al tiempo que dura una canción.
Desde el club In Mare les deseamos las mejores de las suertes a todos los clubs participantes
Carriola.Ateneo S.Cecilia.13.05.23
Achegamos o listado de gañadores/as do IX Concurso de relato curto "Marín Conta" que organiza o Ateneo Santa Cecilia entre os/as escolares de Marín. Este ano superamos os 200 traballos recibidos en todas as categorías menos a de bacharelato que quedou deserta.
Temos que agradecer a enorme participación e a calidade dos traballos presentados. Parabéns aos premiados/as e aos/as participantes.A entrega de premios terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 20:00 na sede do local do Ateneo Santa Cecilia.
Decisión do xurado
Reunido en Marín, o Xurado do IX Concurso de Relato Curto “Marín Conta”, organizado polo Ateneo Santa Cecilia con motivo do Día das Letras Galegas 2023, e composto por Fernando Goldar Villar, Rosa Suárez Briones e Susana Arizaga Castro, acordou premiar os seguintes traballos literarios:
▪ CATEGORÍA PRIMARIA I (1º, 2º e 3º)
1º PREMIO: Sen titulo: de Marco Blanco Garea, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
2º PREMIO: As pantasmas de Marín, de Sabrina Formoso Olveira, do CPR San Narciso
3º PREMIO: O can e o gato de Adri Cambeiro Méndez do CEIP Sequelo
4º PREMIO:Lúa e o Rato Pérez, de Vega Ferreiro Barreiro, do CPR Inmaculada
▪ CATEGORÍA PRIMARIA II (4º, 5º e 6º)
1º PREMIO . A moeda de dous euros, de Manuel Campos, do CEIP A Laxe
2º PREMIO . Unha historia de mariñeiros, de Maia Moledo de la Torre, do CPR San Narciso
3º PREMIO: O segredo de Xulia, de Regina Crespo Garrido, do CPR San Narciso
4º PREMIO: Non estamos sós, de Beatriz Sanmartín Nores, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
▪ CATEGORÍA E.S.O.
1º PREMIO. O día máis extraño da miña vida, de Carlos Domínguez Franco, do CPR La Inmaculada
2º PREMIO: Nós, de Carmen Omil Barreiro, do CPR La Inmaculada
3º PREMIO: Os petróglifos de Mogor, de Paula Piñeiro Piñeiro, do CPR La Inmaculada
4º PREMIO: 32 de agosto, de Marina Prieto Sobral, do CPR Inmaculada
▪ CATEGORÍA EDUCACIÓN ESPECIAL
1º PREMIO: Patiamarela, de Diego Sanmartín Ojea, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
2º PREMIO: Recordos, de David Vidal Barreiro do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
3º PREMIO: Sorpresa na praia! , de Úrsula Montoya Salazar, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
4º PREMIO: O con é a nosa pedra, de Eric Riobó Duarte, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres
▪ CATEGORÍA BACHARELATO/FP DESERTA
Carriola.Redacción.13.05.23
Los cuatro partidos que presentan su opción al 28M en Marín inician la campaña con intensidades distintas este fin de semana. Dos de ellos harán m´ mítines y los otros dos intensificarán los contactos en la calle con los vecinos de cada lugar

El Partido Popular comienza la campaña con intensidad anunciando para mañana domingo en el multiusos del mercado su mitin central con la presencia del máximo representante del partido y actual presidente de la Xunta Alfonso Rueda que compartirá estrado con la alcaldable María Ramallo quien hará una primera presentación ante sus incondicionales y aquellos se acerquen al multiusos para escuchar sus ofertas de actuación política para los próximos cuatro años.

VOX en San Xulián hoy
Por su parte, VOX ha hecho una convocatoria para esta tarde en la Casa de Cultura de San Xulián, a partir de las ocho de la tarde. El candidato del partico que se ha unido a la disputa por los escaños municipales en este 28M, presentará ante los vecinos pero especialmente los de la zona de aquella parroquia sus ideas de futuro para Marín.

El PSOE hará reparto de programas
Por su parte, el PSOE de Manuel Pazos no tiene programado para este fin de semana ningún mitin en todo el concello pero sí anuncia la presencia de sus candidatos en la calle y en las zonas del rural donde tomarán contacto directo con los vecinos para explicar, boca a boca, sus ideas de futuro y entregar los programas electorales de su opción.

El BNG visitará Ardán mañana
El BNG también ha declinado en su programación realizar mítines este primer fin de semana y su actividad, según indicó un portavoz de su opción, ser centrará en la presencia de Lucía Santos y sus candidatos en la zona de Ardán donde pretenden tomar contacto con los vecinos de la zona. Eso sí, la misma fuente indica que el lunes visitará Marín Ana Pontón que también estará paseará la calle con los candidatos del Bloque a las siete de la tarde y, el martes día 16 a las ocho y media de la tarde, celebrarán un mitin en la alameda de Seixo
Carriola.Redacción.13.05.23
El Partido Popular que lidera María Ramallo en el cuarto intento de conseguir la alcaldía tras sus tres mayorías absolutas desde 2011, anuncia su intención de seguir en la senda de lo que se denomina humanización de calles y plazas y, de entre ellas destaca la intención de transformarla zona de Serafín Tubío y frente del Mercado así como la calle Jaime Janer
Ayer nos hacía llegar la parte de su programa electoral referida, precisamente a su idea de “humanización”, manifestando:“O urbanismo do presente facémolo pensando na vila que queremos para o futuro e por iso temos toda esta folla de ruta trazada, que aspiramos a poder desenvolver nos próximos catro anos”
La actual alcaldesa afirma que “Nos últimos catro anos de Goberno, levouse un ritmo imparable no que ten que ver coa mellora urbana. Así o entende a candidata á reelección, María Ramallo, que anuncia cales serán as rúas que se beneficiarán desta política urbanística centrada na humanización de cara ao próximo mandato”.
Jaime Janer y Landín Pazos
“Unha delas será Jaime Janer, unha das zonas que concentra maior tráfico peonil e rodado, unha rúa céntrica, que a día de hoxe precisa dunha reformulación e na que conflúen moitos activos: comercios de proximidade, o Centro de Saúde, a barriada de Virxe do Carme e o proxecto que plantexamos para esta rúa consiste nun ancheamento das beirarrúas, a remodelación do firme, renovación de servizos e medidas de calmado do tráfico e, ademáis, unha actuación paralela que tamén mellorará toda a zona, que é a humanización de Francisco Landín Pazos, rúa que dá acceso ao Centro de Saúde e cremos que debe ser de dirección única para poder gañar metros de beirarrúas para os peóns e mellorar o seu pavimento e os espazos que se destinan a estacionamento na mesma”,
Transformación da Serafín Tubío
Otra de las grandes transformaciones, acaso la màs espectacular, según aparece en el programa del PP, podrìa ser la de la calle Serfín Tubío que es donde se celebra cada jueves el mercadillo y cubre toda la entrada del Mercado de Abastos hasta la Calzada, zona que el PP estima “Sempre está chea de vida e que ten un enorme potencial hosteleiro, comercial e de desfrute na que queremos gañar todo ese espazo para a veciñanza porque é un lugar que ten moitas posibilidades e forma parte das nosas prioridades na seguinte fase de humanizacións”, explica Ramallo.
Otras zonas donde se prevén actuaciones urbanísticas
La lista de zonas donde, de conseguir el gobierno, María Ramallo pretende actuar es larga:
“A Rúa da Ponte, unha das vías máis comerciais da vila, que precisa dun ancheamento das beirarrúas e a renovación dos servizos
O tramo de Concepción Arenal desde a Rúa da Estrada ata a rotonda das Anclas, continuando coa espectacular transformación que experimentou o outro tramo desta rúa no actual mandato
A Rúa do Forte, que entra dentro dos plans que ten o PP para desenvolver os máis de 2 millóns de euros conseguidos neste mandato a través do Plan de Sostibilidade Turística, e que se unirá de forma máis humanizada co inicio do Vial de Praias
A Rúa Tiro Naval Janer, que se atopa nese corazón aínda con moitas posibilidades de mellora que entronca coa Lameiriña e a propia Rúa da Ponte
A Rúa Mestre Landín
A Rúa do Souto
A Rúa Dr. Touriño
A Rúa República Argentina, xunto a cal hai pouco se abriu un novo vial, reordenando todo ese espazo urbano cercano a Inferniño, que tamén se beneficiou dunha humanización que lle cambiou totalmente o seu aspecto”
Carriola.Redacción.13.05.23
El próximo día 17 festividad de las “Letras Galegas”, se celebrará en el Pabellón de A Raña la quinta edición de la “Olimpiada de Tenis Concello de Marín” con participación de jugadores noveles de toda Galicia y un club de Portugal
A Raña será el centro del tenis juvenil gallego el próximo día 17, festividad de las “Letras Galegas” porque en su pista se celebrará la quinta edición de las Olimpiadas que llevan el nombre de dicha festividad.
Según nos comunica la organización del “Club de Tenis Marín” que cuenta con la colaboración y el patrocinio del Concello, el evento se dirige a niños y jóvenes de edades comprendidas entre los cinco y los catorce años y se organizará por categorías y niveles de juego estando prevista la participación de numerosos clubs de Galicia y uno invitado especialmente de Portugal
Para el desarrollo de la competición dando cabida a tantos participantes, el director deportivo del club Jesús Trigo, indica que se dividirá la cancha de A Raña en 8 pistas de mini-tenis con lo que se adaptará la instalación al nivel de edad de los participantes quienes obtendrán sus medallas conmemorativas y participarán en el sorteo de regalos deportivos con el que se pondrá fin a la jornada.
Carriola.Redacción.13.05.23
La concienciación en lo que se refiere al reciclado en general ha aumentado considerablemente y prueba de ello es que el depósito de residuos en contenedores diferentes es mucho más común que hace pocos años. La Plaza de Abastos cuenta desde ayer con una máquina que devuelve dinero por residuos lo que es un incentivo evidente para mejorar este aspecto
Ayer se puso en marcha una máquina recicladora en el Mercado Municipal de Abastos que tiene la singularidad de devolver dinero por envases de plástico y latas cada vez que alguien la utiliza adecuadamente. En realidad la máquina ya estaba en el mercado hace unos meses pero la maldita pandemia, como en otras muchas cosas, influyó para que no fuese utilizada hasta que por fin ayer se puso en función con al esperanza de que sea muy utilizada por los clientes del mercado y por los propios vendedoras de os puestos a la hora de eliminar los residuos concretos de envases de plástico y latas.

Máquia compactadora de envases en el Mercado
Se da la circunstancia de que sin haberse puesto en marcha después de varios meses, ya ha sido mejorado el sistema pues se ha introducido un sistema de compactación que hará mucho más efectiva la función de la máquina que por sí sola aplastará los depósitos que se hagan en ella correctamente ahorrando costes de logística
Incentivo económico
Cada vez que alguien deposite en esta máquina un envase de los que admite para su reciclado, saldrá un ticket con un valor económico concreto que se podrá ir acumulando para, cuando valga la pena, canjearlos en los puestos asociados del mercado municipal, un incentivo interesante para mejorar este aspecto del reciclado selectivo.
Cristina Acuña, concejala de Turismo y Comercio, junto con varios miembros de la directiva de la asociación de vendedores de la Plaza y la gerente de la asociación, Helena Caíña, pusieron en marcha el sistema con la conciencia de que será una mejora importante desde el punto de vista medioambiental para todos.