The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG informará mañán na alameda sobre o efecto dos parques eólicos e as súas propostas de modelo sustentable

 Lucía Santos alerta de que Marín tamén está amenazado por un intento de parque eólico en  “Pedras Negras”

 Carriola.Redacción.22.05.21

Mañán domingo día 23, ás doce do mediodía, na alameda Rosalía de Castro de Marín, estará colocada una mesa informativa sobre o efecto dos parque eólicos na que se explicarán as propostas que o Bloque Nacionalista Galego ten para  un modelo eólico xusto e sustentable, según informa Lucía Santos, portavoz municipal deste partido nacionalista no concello de Marín. “Nos últimos dous anos, e especialmente nos últimos meses, estase a producir en todo o país un boom de parques eólicos, favorecido polos cambios do marco regulatorio enerxético estatal, as políticas europeas de fomento das renovábeis e da chamada transición verde, e as mudanzas normativas promovidas pola Xunta do PP, que lle está dando todas as facilidades á tramitación e aprobación destes proxectos, aos que atribúen grandes beneficios en materia de densenvolvemento económico e creación de emprego” indica a portavoz municipal que afirma, por outra banda, “As grandes empresas do oligopolio eléctrico e os gobernos da Xunta e Estado pretenden que Galiza sexa unha gran produtora de enerxía sen capacidade de decisión, cun modelo deseñado ás nosas costas, sen participación social e sen garantías de protección medioambiental sendo o seu obxetivo engordar ás grandes eléctricas e en espoliar os nosos recursos enerxéticos, entregados a outros territorios a cambio de nada.”

Na procura dunha resposta social

Lucía Santos fai, no nome do seu partido, una chamada á resposta popular a esta situación manifestando que “O BNG apela a unha gran resposta social que poña freo a esta desfeita antes de que sexa tarde, defendendo o dereito a decidir de Galiza tamén sobre a enerxía que aquí se produce e apostando por un modelo sustentábel que non cause graves efectos sobre o territorio”.

Referíndose a concello de Marín, particularmente, Santos Omil alerta: “O concello de Marín tamén podería chegar a verse afectado xa que existe un proxecto en trámite de parque eólico no lugar de “Pedras Negras”, na parroquia de Santomé e que tamén afecta aos concellos de Moaña e Vilaboa, aínda que este proxecto impulsado pola empresa Enel Green Power está paralizado dende o ano 2014”, sendo este o principal motivo para informar aos vecinos mesa mesa que se colocará na alameda mañán domingo na que se informará das propostas do BNG ao respecto desta situación.