Son cinco visións artísticas de outras tantas autoras
Carriola.Ateneo Santa Cecilia.26.05.21
Hoxe mércores 26 de maio as 20:30 horas inaugurase no Ateneo Santa Cecilia de Marín unha nova edición da Exposición "Voilà la Femme" permanecendo aberta ate o 18 de xuño en horario de martes a venres de 17:30 a 20:30 horas e sábados de 11:00 a 13:00 horas.
Nesta edición participan as artistas: Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio e Sofia Pastor Herranz. que nos ofrecen unha diversidade de visións e expresións artísticas que van desde a pintura a escultura, tendo sempre como tema de fondo a muller como elemento central da obra.
O Comisariado e coordinación da exposición corre a cargo da artista marinense Celeste Garrido e do Deseño encargase Belén Diz.
Vinteoito anos de mostra feminina
Voilá la Femme e unha mostra colectiva de mulleres, que se ven realizando de maneira continuada desde fai 28 anos no Ateneo Santa Cecilia de Marín, e que ten por obxectivo poñer en valor e visibilizar a arte feita por artistas femeninas, dando a súa propia visión e interpretación da arte, innovadora, atrevida, explorando novos campos, soportes, texturas etc.
Unha excelente oportunidade para coñecer novos valores e tendencias artísticas.