Cinco artistas mulleres mostran os seus traballos artísticos
Carriola.Redacción.28.05.21
A XXVIII edición da exposición “Voilá la Femme” iniciouse cun acto de inauguración no que estiveron presentes, xunto coas artistas que exponen os seus traballos, a alcaldesa de Marín María Ramallo e a concelleira comisaria do Museo Torres Itziar Álvarez así como directivos do Ateneo Santa Cecilia e a coordinadora da exposición Celeste Garrido.
As artistas invitadas nesta ocasión con Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio e Sofia Pastor Herranz e cada una delas ofrece a súa particular visión e expresión artística. Dende pintura a escultura e sempre como fondo o tema da muller, ofrece una interesante visión a os visitantes que poderán visitar a mostra ata o 18 de xuño en horario de martes a venres de 17:30 a 20:30 horas e sábados de 11:00 a 13:00 horas.
O Ateneo Santa Cecilia leva con esta, 28 edicións da mostra acadando sempre un grande interés entre os visitantes.