Os obradoiros impartiranse na práctica totalidade dos centros escolares marinenses.
Redacción. Carriola.
O Colexio San Narciso participa estes días como receptor no proxecto Signar que organiza o Concello de Marín.. Coñecer e comprender a lingua de signos achéganos á realidade da comunidade de persoas xordas e supón unha importantísima ferramenta de inclusión. Por iso, a totalidade dos centros educativos de Marín adheríronse con moitísimo interese ao proxecto Signar, impulsado polo colectivo En Lingua de Signos (ELDS) e financiada polo Concello. O alumnado participou e preguntou as súas dúbidas”.
De aquí a final de curso, o Concello estará impartindo estes obradoiros en todos los grupos dos centros que así o desexen, co obxectivo de ensinar máis sobre a lingua de signos para que a mocidade entenda esta realidade e poida ter unhas bases de comunicación.
Desde o Concello, apúntase tamén ao “éxito” desta iniciativa, que supón un paso adiante no traballo de inclusión e de educación en valores que se promove desde o ensino público marinense.