The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O parlamentario do BNG Néstor Rego participara nun acto do BNG na Biblioteca Pública de Marín

 Será o día 2 de xuño e comenzará ás oito da tarde

 Carriola. Lucía Santos Omil(*).29.05.21

O vindeiro mércores 2 de xuño o BNG de Marín organiza un Acto Público no que intervirá Néstor Rego, parlamentario do BNG no Congreso. O acto dará comezo ás 20:00h. e terá lugar na Biblioteca Municipal de Marín, respectando todas as medidas pola COVID-19.

Néstor Rego ven amosando unha actuación comprometida coa defensa coherente e insubornábel dos intereses da Galiza e da clase traballadora.
O pasado mes de abril cumpríanse 500 días desde a toma de posesión de Néstor Rego no Congreso con preto de 500 iniciativas rexistradas na cámara baixa. Máis ao concreto, o BNG presentou: 3 Proposicións de Lei, 102 Proposición Non de Lei, 338 preguntas ao Goberno, 2 interpelacións e unha moción froito de interpelación, 11 solicitudes de comparecencia de diferentes cargos e responsabilidade do executivo estatal, 12 solicitudes de creación de comisión e presentou emendas parciais e totais a 17 proxectos de lei. Neste sentido, cabe destacar que o representante do BNG é o deputado galego con máis intervencións parlamentarias, cun total de 303 intervencións.

Amais das preto de quiñentas iniciativas rexistradas na cámara baixa nestes quiñentos días podemos salientar o Acordo de Investidura acadado que logrou desbloquear a Axenda Galega após catro anos sen representación do nacionalismo galego na cámara española.

Alén da análise cuantitativa do traballo, todas as iniciativas rexistradas tiveron e teñen como obxectivo a defensa da capacidade de Galiza a se desenvolver economicamente para garantir emprego, benestar e futuro para todos os galegos e galegas. Iniciativas que tamén abordaron a crise industrial e exixindo un modelo de produción enerxética que garanta a preservación do noso territorio e o noso medio fronte o espolio de grandes multinacionais.

Nas distintas iniciativas rexistradas tamén estivo presente o sector agrario, o gandeiro e o pesqueiro e marisqueiro trasladando ao Congreso aquelas cuestións lles afectan. E por outra banda, tamén exiximos a modernización das infraestruturas de comunicación do noso país e prestamos especial atención a nosa rede ferroviaria, un medio de transporte sustentábel e que favorece o desenvolvemento do noso país. Sen esquecer a loita pola transferencia da titularidade da autoestrada AP-9 ou a rebaixa nas súas portaxes, pois o BNG traballa para “conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes”.

(*) Portavoz do BNG na Corporación Municipal