Carriola.Informa Ateneo.09.11.21
Desde hoxe e ata o día 20 de novembro, Carlos Puch expoñerá a súa obra pictórica no local do Ateneo Santa Cecilia de Marín, mostra que se poderá visitar de martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00.
Carlos Puch, nacido en Vigo en 1948, leva máis de 50 anos pintando. Aínda que a súa formación artística é de carácter autodidacta, xa expuxo a súa obra en máis de 30 ocasións. Incluso traspasando as fronteiras porque non só tiveron cabida en España, senon tamén en países como Portugal, Francia, Inglaterra, Estados Unidos, Perú, Uruguay e Arxentina.
A súa obra percorre diferentes estilos, dende pintura abstracta, costumista, con obras de gran formato, pero sempre coa súa visión minimalista do mundo que lle rodea.
O acto da inauguración da exposición será hoxe martes, 9 de novembro, ás 20:00 da tarde no Ateneo Santa Cecilia e contarase coa presencia do propio autor da mesma.