Carriola.Redacción.11.11.21
Puede decirse que el Pleno de esta tarde contendrá un denso Orden del Día con asuntos de notable importancia alguno de los cuales, situados en las mociones de los grupos participantes, podría tener larga discusión entre ellos. El grueso de los puntos a tratar, varios de ellos de suma importancia, tienen ya un recorrido anterior que hace prever que tengan rápidas soluciones en forma de acuerdos incluso unánimes
Blanco Freijeiro, Hijo Predilecto de Marín
El tercer punto del Orden del Día no tendrá demasiado recorrido pues en principio, los tres grupos, PP, PSOE y BNG se mostraron ya anteriormente de acuerdo en el nombramiento a título póstumo de Antonio Blanco Freijeiro como Hijo Predilecto de Marín con lo que es la sesión de hoy se aprobará, según la propuesta de la comisión de Cultura, la utilización de espacios públicos culturales en relación con dicho nombramiento.
Mejora del saneamiento del Lameiriña
Tampoco debería tener demasiada discusión aprobación de la “Mellora na rede de saneamento de Marín no contorno do Río Lameira. Marín, cun orzamento de 3.304.870.42 €, promovido por Augas de Galicia, unha vez finalizado o trámite de información pública”, asunto ya tratado profusamente en plenos anteriores
Nueva Ordenanza fiscal sobre terrazas
Tras la pandemia y debido a las permisividades que por esa causa se hicieron a los establecimientos hosteleros, cabe volver a poner orden en la Ordenanza que rige la ocupación de vía pública por ese sector y, de paso, ampliar a otros aspectos dicha Ordenanza que ya fue presentada también en sesiones anteriores por lo que hoy verá la vía libre para su instauración
Día Internacional contra la Violencia de Género
Será este el primer punto del Orden del Día tras la aprobación del Acta anterior si procede y se verá el “Ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Benestar Social, Igualdade, Educación e Festas en relación coa Declaración institucional do Concello de Marín sobre o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.
Puesta en conocimiento de Resoluciones d ela alcaldía
La parte final de la sesión contiene la automática puesta en conocimiento del Pleno de las resoluciones que la alcaldía haya tomado desde la última sesión incluidas las resoluciones contrarias a los reparos efectuados por Intervención en el mes de octubre último. Y de todos los puntos que contienen esta comunicación sobresale el de la “Interposición de recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia na contratación do servizo de Limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín”
Mociones y, ruegos y preguntas
El Orden del día contiene dos propuestas concretas referidas a la situación sanitaria y en especial de la Atención Primaria. Hay además una moción que no está incluida en el listados de temas a tratar pero sí se nos ha remitido desde el Grupo Socialista y también se refiere al mismo tema.
Y una de las propuestas está presentada por el propio PP, partido que gobierna el concello y la Xunta de Galicia en cuyo epígrafe reza “Proposta do Grupo Municipal do PP para instar ao Goberno a facilitar a cobertura de persoal médico na Atención Primaria” , lo que evidencia la intención de idejar clara la postura de los populares con respecto a las deficiencias sanitarias que a todas luces son una realidad en Marín y, por lo que se escucha y se lee constantemente, no solo en esta localidad porque se viene denunciando la precariedad creciente del servicio sanitario al que la Xunta parece no querer o no poder dar soluciones efectivas.
El BNG se hace eco de SOS Sanidade Pública
La otra propuesta es la asumida por el BNG procedente de la “Plataforma SOS Sanidade Pública na defensa da Atención Primaria” y será Lucía Santos, única representante del BNG en Marín la encargada de defender su contenido cuya intervención nos anuncia en el siguiente comunicado:
O BNG trasladará ao pleno deste xoves 11 de novembro, unha moción da Plataforma SOS Sanidade Pública, da cal a organización forma parte, para solicitar á corporación municipal o apoio na defensa da atención primaria sanitaria.
Se antes da pandemia da COVID-19 a atención primaria atravesaba unha profunda crise estrutural, con demoras e masificacións de asistencia, motivados polos recortes nos orzamentos aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular, na actualidade a situación agravouse considerábelmente. Os orzamentos na Atención Primaria apenas supoñen o 12% do orzamento sanitario total, polo que é evidente e urxente incrementalo.
Durante a crise da pandemia, paralizouse tanto a actividade na Atención primaria como a Hospitalaria, por medo a sufrir colapsos nos hospitais, o que supuxo postergar a actividade asistencial preferente e crónica, ademais da actividade quirúrxica non urxente. Isto conlevou un importante incremento das demoras tanto en consultas como en probas complementarias, así como as listas de espera quirúrxicas. Estímase que en Galiza paralizáronse ao redor de 3.000 intervencións quirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnósticas. Ó mesmo tempo, a administración pechou os centros de saúde limitando o acceso e substituíndo a consulta presencial pola telefónica, reducindo o aforo das salas de espera e obrigando aos pacientes a facer cola fóra dos centros sanitarios para recibir atención.
Durante estes últimos meses, a atención presencial no concello de Marín reactivouse parcialmente pero seguen primando as consultas telefónicas sobre as presenciais e con importantes recortes de persoal nos centros de saúde de Marín e Seixo o que conleva a unha asistencia sanitaria precaria para a veciñanza con esperas de até unha semana para obter unha cita médica co médico de familia. Asímesmo, hai longa lista de espera para poder obter cita en odontoloxía, fisioterapia ou coa matrona.
Dende o BNG, leváronse a cabo múltiples solicitudes ao goberno municipal para instar á Xunta de Galiza a realizar de inmediato todas as accións precisas para dotar aos centros de saúde de Marín e Seixo, co número de profesionais que sexa preciso e asegurar unha atención presencial sanitaria de calidade.
Ante estas propostas, no BNG, lamentamos que o goberno municipal de María Ramallo nunca apoiou ningunha das iniciativas que supoñían levar a cabo melloras para o bo funcionamento nos centros de saúde de Marín e Seixo.
Por todo isto, solicitaremos o apoio da corporación municipal para instar á Consellaría de Sanidade e leve a cabo de inmediato a implantación de consultas presenciais para todas as persoas que o demanden, así como que se establezan circuitos seguros de mobilidade con protocolo anticovid no interior dos centros de saúde e solicitar a adopción de medidas organizativas precisas para evitar as longas listas de espera na rúa para acceder aos centros. Ademais de solicitar á consellaría a incrementar de maneira urxente o orzamento sanitario destinado a Atención Primaria e contratar de inmediato persoal que sexa preciso para rematar coa precariedade no servizo de atención primaria nos centros de saúde de Marín e Seixo.
Dende o BNG, solicitamos ademais, o apoio á manifestación na defensa da sanidade pública que terá lugar en Santiago de Compostela este domingo 14 de novembro, ás 12h dende a alameda e para falicitar a asistencia, dende a plataforma en defensa do centro de saúde de Seixo pon a disposición un autobús para as persoas que desexen anotarse con antelación.
Moción del grupo socialista relativa a la situación sanitaria de Seixo
Por su parte, el Grupo Socialista presentó el pasado día 9 una moción en el registro municipal que no está incluida en el Orden del Día, lo que es preceptivo para su tratamiento a menos que se acuerde incluirla durante la sesión dictaminando previamente su urgencia. Esta moción fija más su contenido en la problemática de Seixo y, Manuel Pazos, portavoz socialista, nos remite el texto que a continuación reproducimos en Carriola de Marín, medio informativo local al que Pazos Lamoso se refiere en el texto y donde hace un par de semanas aireamos la solución que pretende dar el SERGAS a la situación sanitaria de Marín sin que, en efecto, nuestra información haya sido desmentida por nadie con autoridad en el caso. Y el texto íntegro de la moción del PSOE es el siguiente:
“Os veciños de Seixo e de todo o rural marinense levan meses cunha mobilización intensa e masiva para defenderse dos recortes que en materia sanitaria está aplicando a Xunta de Galicia no centro de saúde de Seixo. Unha mobilización que incluíu unha manifestación, charlas informativas polas parroquias, unha cadea humana, pancartas, camisetas, bolsas, etc. co fin de exixir á Xunta de Galicia a cobertura da praza dun médico por xubilación do anterior titular e a incorporación dos servizos de fisioterapia e pediatría no centro de saúde de Seixo. Durante todo esta loita os veciños o goberno municipal procurou dende o comenzo deslexitimar e invisibilizar as protestas, empregando as redes sociais do propio Concello para tal fin. Nin unha foto, nin unha entrada, nin un comentario sobre tales movilizacións, agás para criticalas.
Hai escasas semanas foi publicada nun xornal de ámbito local unha información preocupante de ser certa e que todavía non foi desmentida nin comentada pola Alcaldesa a pesar da súa importancia. Segundo esta publicación, fontes solventes no ámbito sanitario sinalaban que, a solución ao problema de Seixo, consistía en retirar un médico do centro de saúde de Marín e trasladado a Seixo. De ser así, consideramos que se trata sen dúbida dunha solución peregrina que non busca solucionar o problema de Seixo, se non unicamente trasladalo a Marín, o que na sabedoría popular se denominaría “desvestir un santo para vestir outro”.
Deste xeito Marín contaría así cun facultativo menos que se uniría a outra vacante existente polo recente falecemento doutra facultativa. Os pacientes que atendían estes dous facultativos serían repartidos entre o resto de médicos, xa de por si cos cupos saturados o que provocaría un deterioro aínda maior na atención sanitaria dos marinenses. Os recortes do persoal afectarían de xeito significativo tamén á área de pediatría porque segundo parece unha das pediatras de Marín sería trasladada a Vigo o que se viría a sumar a unha baixa médica prolongada dende fai meses e nunca doutra pediatra.
Os problemas na atención médica non son exclusivos da atención primaria, se non que se engaden aos múltiples e prolongados problemas que se vive día a día no Punto de Atención Continuada de Marín.
Proposta ao Pleno
Ante a desfeita e despropósito que se está a vivir en Marín en materia de asistencia e xestión sanitaria Se solicita a aprobación do seguinte ACORDO:
- Rexeitar por parte da Corporación Municipal que a solución ao problema de falta de persoal médico en Seixo se solucione a costa de quitarllos ao centro saúde de Marín.
- Exixir ao SERGAS que se cubran con carácter inmediato as múltiples vacantes existentes nos centros de saúde de Seixo e Marín, como poden ser as seguintes:
- Ausencia do segundo facultativo no centro de saúde de Seixo tras preto de catro meses cun único médico atendendo a 2.200 pacientes.
- Falta de cobertura da baixa por falecemento dunha facultativa no centro de saúde de Marin.
- Traslado dunha pediatra de Marín a Vigo.
Baixa médica prolongada dende agosto doutro facultativo en pediatría.