Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.11.11.21
No ano 2020 celebrouse o Centenario da Xeración Nós. Dende o Ateneo Santa Cecilia tíñamos previsto ao igual que toda Galicia conmemorar este fito histórico, pero a pandemia impideunos facelo no seu momento. Agora retotomamos a actividade e este venres 12 de novembro as 20:00 h, o Profesor Francisco Calo Lourido falaranos da importancia e transcendencia de este grupo de persoeiros para a nosa cultura e para o galeguismo como eixo vertebrador de Galicia.
XERACIÓN NÓS
Entre 1920 e 1936 existiu un grupo de intelectuais galeguistas liderados por Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Alfonso R. Castelao, Arturo Noguerol, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo. Círculo que se iría ampliando a un conxunto máis heteroxéneo de colaboradores que participaron neste proxecto. Nas súas distintas fases, publican os seus traballos estudos e investigacións na revista NÓS ate a súa desaparición en 1936.
En 2020 a Mesa do Parlamento de Galicia acordou por unanimidade, conceder a Medalla do Parlamento á Xeración Nós e aos seus discípulos. O galardón recoñece o legado galeguista dos seus integrantes coincidindo co seu primer centenario.
FRANCISCO CALO
Francisco Calo ten unha ampla traxectoria no mundo da investigación, uns 200 traballos publicados sobre arqueoloxía e antropoloxía. Realiza excavacións arqueoloxicas en Galicia, Zamora e Portugal. Impartiu clases de arqueoloxia na universidade de O Porto.
É licenciado en Filosofía e Letras e Doutor e Catedrático de Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Anteriormente impartiu clases en diversos institutos entre eles o Torrente Ballester de Pontevedra así como na Universidade de Santiago de Compostela.
É patrón do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real academia Galega e membro da "Sociedade Portuguesa de Antropoloxía e Etnoloxía", entre outras entidades.